5 de abr. de 2009

Novo ciclo publicado en Flocos.tv: Deza, cine popular galego


Flocos.tv
Estreamos novo ciclo en Flocos.tv Deza, cine popular galego coas curtas:
Entroido en Brandariz (1978)
O santuario do Faro (1976)
O consello de compadre (1977)
Fiadeiras de Zobra (1981)
O aparato (1981)
Tacholas e Varela Buxán (1975)
Loita (1978)
SIPNOSE
Este grupo cinematográfico naceu en 1976 da man de Daniel González Alén. O seu obxectivo era facer un cine comarcal para a bisbarra do Deza. Cunha ducia de películas producidas, conseguiron algúns premios no Festival de Cine Afeccionado de Vilagarcía, e realizaron un importante labor de difusión proxectando as súas películas en máis de trescentas vilas e lugares de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario