14 de mar. de 2009

Xosé Manuel Sánchez Aguión é o novo secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras




Xosé Manuel Sánchez Aguión, novo secretario xeral do S. N. de CC.OO.


Infogauda / Vigo



Logo da votación de onte á noite, no 9.º Congreso do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras resultou elixido como novo secretario xeral Xosé Manuel Sánchez Aguión, quen ata agora era secretario de Organización.

Por outra parte, para a Comisión Executiva Nacional (CEN) presentáronse dúas listas, unha encabezada por Sánchez Aguión e a outra por Eusebio Justo (ata agora, secretario de Emprego). A primeira logrou o apoio do 61,35%, co que contará con 15 membros na nova CEN; mentres que a segunda foi apoiada polo 31,18%, polo que integrará 7 membros na nova CEN. A porcentaxe de votos restantes foron en branco.
Con respecto á CEN anterior, repiten como membros Emilio Fernández González, Clara Gamarra Lozano, José Manuel Fernández Pérez, Mabel Pérez Simal, Melchor Roel López, Francisco Xavier Montero Dongil, José Eusebio Justo Santos, Xaime López Golpe; mentres que Sánchez Aguión pasa da Secretaría de Organización á Secretaría Xeral. Ademais, das 22 persoas que compoñen a Executiva do Sindicato, 12 son homes e 10 mulleres.
Así as cousas, a nova CEN comporana as seguintes persoas:
XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN, secretario xeral
Maica Bouza Seoane
José Daniel Costas Fernández
Ascensión Esteban Ceballos
Emilio Fernández González (repite como membro da CEN)
Clara Gamarra Lozano (repite como membro da CEN)
José Manuel Fernández Pérez (repite como membro da CEN)
Isabel Mouriño Armesto
Manuel González Ríos
Mabel Pérez Simal (repite como membro da CEN)
Melchor Roel López (repite como membro da CEN)
M.ª Adela Poisa Baños
Xavier Montero Dongil (repite como membro da CEN)
Lucía Trenor López
Carlos Pardo Pardo
Jesús Penedo Pallas
José Eusebio Justo Santos (repite como membro da CEN)
Xaime López Golpe (repite como membro da CEN)
Almudena Herrera Rodríguez
Pilar Seoane Vázquez
Xan Mariñas Liste
Xosé Mario Rey Chao
Emilia M.ª Lamas Seoane


Biografía do novo secretario xeral de CC.OO. de Galicia

Xosé Manuel Sánchez Aguión naceu en Boimorto (A Coruña) en 1956. É militante de CC. OO. dende 1977, onde traballou ligado á Federación Agroalimentaria. Entre 1988 e 1996 foi secretario xeral da Unión Comarcal de CC OO da Coruña e, posteriormente, entrou a formar parte da Comisión Executiva Nacional de CC OO de Galiza, como secretario de Organización.
Sánchez Aguión substitúe no cargo a Xan María Castro, secretario xeral do sindicato en Galicia dende o ano 2000, despois de máis de 35 anos en CC. OO., Castro iniciou o seu compromiso como militante contra a ditadura nos anos 60 e en 1965 ingresou nas Xuventudes Comunistas.
CC. OO. pechou hoxe o seu IX Congreso, coa primeira intervención pública do novo secretario xeral galego e coa presenza do secretario xeral confederal do sindicato, Ignacio Fernández Toxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario