Informa: Celso Rodríguez Fariñas / Concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda
TE LO AGRADECE EL MEDIO AMBIENTE Y EN DEFINITIVA: TODOS
No Pleno Ordinario do mes de novembro do 2008, co rexistro de entrada nº 9955, foi debatida a seguinte moción de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL,
MOCION:
RECOLLIDA DOMICILIARIA DE ACEITE USADO
"Os refugallos de aceite usado para a elaboración de alimentos nas vivendas, causan un importante efecto nocivo para o medio ambiente, ademais de provocar atascos, tanto nas redes particulares como nas xerais de saneamento.Tense como referencia, que un só litro de aceite pode contaminar o redor de 100 litros de auga e que por cada 4 persoas prodúcese ao ano aproximadamente de 18 a 21 litros de aceite usado.
Debemos ter en conta, que pola súa densidade obriga a aumentar o traballo dos equipos existentes na depuradora e a súa depuración non é completa, polo que termina no mar, provocando grandes capas na lámina de auga do mar, impedíndo o porceso de osixenación e a morte por asfixia dos peixes e crustráceos existentes na zona donde se acumula.
Por todo elo, dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a propoñer o Pleno Municipal para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:
O Concello de A Guarda, dará inicio de xeito inmediato os trámites pertinentes a fin de por en marcha un servizo de recollida de aceite de cociña usado nos fogares desta localidade.
Solicitar a colaboura das distintas institucións públicas para que participen neste proxecto e colabouren co mantenemento do medio ambiente e finalice o verquido desta sustancia contaminante no noso mar".
O debate sobre a mesma foi o seguinte (así o recolle a Acta da Sesión Plenaria nas páxinas 28 e 29).
O Sr. Rodríguez Fariñas explica que hai poucos Concellos que fagan a recollida, e se trata de algo importante, pois remata no mar cando aumentan os caudais e supón un perjuicio para o Medio Ambiente.
O Sr. Lomba Alonso dí que votarán a favor.
A señora Iglesias Ferreira dí que apoiarán a moción.
Interven o señor Crespo González e dí que comparten os motivos da moción, e entende que se refire só os aceites domésticos, contestando o señor Rodríguez Fariñas que sí. Continúa o señor Crespo González dicindo que nos domicilios facer a recollida casa por casa é unha utopía, requírese persoal e unha empresa. Se está facendo a recollida de aceite doméstico no punto limpo. Comparten a idea exposta, pero materialmente non sería posible agora mesmo, sería un paso de futuro.
O señor Rodríguez Fariñas dí que o texto é unha copia dún dos proxectos que están presentando noutros concellos, non sabe se o levará a cabo a Xunta ou a Deputación, sabe que facelo con recursos propios é unha utopía, pero deben iniciarse os trámites.
O señor Crespo González dí que en canto saiban dese proxecto se porán a traballar, existía a posibilidade de levar aceites a unha serie de puntos, pero esa opción non era interesante.
Pregunta o señor Lomba Alonso se se recolle no punto limpo, e que se fai logo, contestando o señor Rodríguez González que existe un xestor autorizado que o recolle gratuitamente, o ano pasado se recolleron 200 litros.
Sometida a votación a moción, acadou o seguinte resultado:
VOTOS A FAVOR: P.P., B.N.G. e TE-GA (8 VOTOS).
VOTOS EN CONTRA: P.S.de G.-P.S.O.E (9 VOTOS).
A moción NON PROSPERA.
Nota da Redacción de Infogauda: A vista dos resultados da votación da moción presentada polos concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, queda perfectamente de manifesto que concelleiros están pola labor da recollida do aceite usado e cales votaron en contra da proposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario