
8 DE MARZO DE 2009, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Secretaría da Muller
Comisión Executiva Nacional
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
Comisión Executiva Nacional
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
NO TRABALLO E NA SOCIEDADE, IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE
Ante a celebración dun novo 8 de Marzo, a Comisión Executiva do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia manifesta o seu compromiso de continuar traballando activamente para mellorar e garantir os dereitos sociais e laborais das mulleres mediante o fortalecemento das políticas de xénero no emprego, no sindicato e na sociedade.
A actual situación de crise económica que atravesa España, que está a supoñer unha forte destrución e precarización do emprego, debe implicar un maior compromiso e desenvolvemento da acción sindical a través da negociación colectiva e do diálogo social, para impulsar e posibilitar con medidas eficaces a recuperación do emprego e a garantía da protección social, sobre todo dos colectivos máis vulnerables e con risco de exclusión social.
Comisións Obreiras traballará activamente por:
Avanzar na igualdade laboral entre mulleres e homes, promovendo e demandando o
desenvolvemento de políticas activas e o desenvolvemento da Lei de igualdade no marco do diálogo social, para favorecer o acceso das mulleres a un emprego de calidade e contribuír á eliminación da persistente discriminación por razón de sexo no mercado de traballo.
desenvolvemento de políticas activas e o desenvolvemento da Lei de igualdade no marco do diálogo social, para favorecer o acceso das mulleres a un emprego de calidade e contribuír á eliminación da persistente discriminación por razón de sexo no mercado de traballo.
Facer efectiva a igualdade de xénero mediante o pulo, promoción e participación na elaboración e incorporación de plans e medidas de igualdade nas empresas a través da negociación colectiva.
Estimamos moi positiva a incorporación paritaria de homes e mulleres aos órganos dedirección nalgúns dos procesos congresuais celebrados, especialmente no Congreso Confederal, que deberá continuar favorecendo unha maior participación de mulleres nas comisións executivas, nas mesas de negociación e nas candidaturas das eleccións sindicais, o cal redundará no crecemento afiliativo e representativo de traballadoras e traballadores como a nosa historia sindical o demostra.
Comisións Obreiras reivindica e comprométese a:
Desenvolver políticas formativas e de sensibilización en materia de igualdade e non
discriminación por razón de sexo, que estimulen os necesarios cambios en valores,
actitudes e papeis sociais adxudicados a homes e mulleres, e contribúan a unha maior
sensibilización e intervención na prevención, tratamento e erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres, especialmente o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
discriminación por razón de sexo, que estimulen os necesarios cambios en valores,
actitudes e papeis sociais adxudicados a homes e mulleres, e contribúan a unha maior
sensibilización e intervención na prevención, tratamento e erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres, especialmente o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.
Seguiremos requirindo do Goberno da Xunta de Galicia medidas de investimento social para superar o considerable atraso e deficiencia na creación dos servizos públicos, fundamentalmente naqueles relacionados coa universalización da educación infantil e o desenvolvemento na aplicación da Lei de dependencia, xa que isto, desde o noso punto de vista, sería económica e socialmente rendible.
É imprescindible avanzar en políticas efectivas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar e na negociación dos tempos de traballo para avanzar na corresponsabilidade entre mulleres e homes.
Esixir ao Goberno do Estado e mais á Xunta de Galicia a aplicación efectiva da Lei contra a violencia de xénero así como o desenvolvemento do Programa de inserción sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero e do Plan de atención e prevención da violencia de xénero na poboación inmigrante, facendo máis eficaz a súa colaboración co conxunto das Administracións públicas e institucións, coas que CC.OO. reforzará a súa implicación e compromiso.
Solidarizámonos coa demanda social dunha nova normativa que asegure as condicións necesarias para que as mulleres poidan exercer o seu dereito a interromper o embarazo e que a súa decisión poida levarse a efecto na rede sanitaria pública, sen penalizacións legais, sociais, morais ou policiais. Son igualmente imprescindibles políticas integrais en materia sexual e reprodutiva que inclúan a educación sexual no currículo escolar e garantan a información e acceso aos métodos anticonceptivos, incluída a píldora de emerxencia, dentro das prestacións da Seguridade Social.
Previr, combater e eliminar a explotación e o tráfico sexual de mulleres e menores, promovendo o desenvolvemento de medidas que protexan de forma adecuada as vítimas.
Para lograr este obxectivo, consideramos un importante avance a aprobación do Plan
integral de loita contra o tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual.
integral de loita contra o tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual.
Finalmente, Comisións Obreiras denuncia a persistencia dos conflitos bélicos en distintas partes do mundo, que producen a vulneración dos dereitos humanos con terribles consecuencias para a poboación civil e, en particular, para as mulleres, instando as autoridades e organismos internacionais competentes a intensificaren as súas actuacións a prol da resolución definitiva e xusta dos conflitos.
Comisións Obreiras chama á participación activa nos distintos actos e manifestacións convocados en conmemoración do Día Internacional da Muller
Ningún comentario:
Publicar un comentario