Brasón heráldico de A Guarda espallado en Wikipedia
Infogauda / A Guarda
A ringleira de "versións" do escudo da Vila e Concello de A Guarda compre engadir a que figura en Wikipedia, e que si os nosos ilustres (?) gobernantes municipais non adoitan con carácter urxente, as medidas necesarias, poida que non sexa a derradeira. Por certo que "contrasta" con outros deseños que figuran en sitios institucionais.
¿A qué agardan os munícipes - nomeadamente os que teñen responsabilidades de goberno - para da-los pasos correspondentes cara a normalización do brasón e do guión de A Guarda, a fin de procurar que haxa un brasón oficial i evitar que haxa unha morea de versións, segundo o "gosto" - por veces dubidoso - de cada "autor"?
¡Xa está bén que cada quén faga o que lle peta, sen o máis mínimo respecto a nosa Historia como pobo!
Desde Infogauda propomos que a Corporación Municipal aborde na vindeira sesión do Concello Pleno, sen máis demora, unha moción consensuada por tódolos grupos municipais, para escomenza-la tramitación legal correspondente, cara a normalización do brasón heráldica da vila e concello de A Guarda, contando coa colaboura da correspondente Comisión de Heráldica, que estamos seguros achegaría súa cualificada aportación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario