





Infogauda / Pías (O Rosal)
A Feira de San Gregorio, en Pías (O Rosal), non pudo escomenzar mellor. Boa climatoloxía, ambente moi agradable e moitísimo público. A verdade é que o traballo da Comisión da Feira de San Gregorio e da Asociación de Veciños de Pías, bén o merecen.
Antigüidades; artesanía en pedra, en madeira, en ferro,...; cerámica, cestería; encaixes de bolillos; exposición de cerámica artística e de productos refractarios, fotografías, documentos, planos, catálogos, premios,... das Cachadas; festival aéreo de ultralixeiros, actuacións do dúo humorístico "Os Campelos", do Rosal; "queimada" de Victoriano de Saladina, rosquilleiras, degustación de viños e productos típicos do Rosal,..., fixeron que moitas persoas de todo o Baixo Miño nos achegásemos até Pías, na parroquia de San Miguel (O Rosal), para compartir cos entrañables veciños dese lugar parte da tarde deste sábado. Pero a Feira de San Gregorio continúa este domingo, con polbo é feira e máis actuacións.
Premer aquí para acceder o álbum fotográfico, no que amosamos unha pequena mostra do moito que hai na Feira de San Gregorio 2009. Por cuestións técnicas non pudemos obter máis imaxes. Se alguén quer colabourar con Infogauda, xa sabe que pode remesarnos máis fotografías e comentarios. De antemán, noso agradecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario