Infogauda / A Guarda
A formación nacionalista presenta unha moción para o pleno do presente mes na que pon de manifesto que nestes momentos de crise económica que está vivindo a nosa sociedade, a defensa dos dereitos laborais das mulleres faise imprescindíbel ante o fracaso das políticas económicas ultraliberais defensoras do mercado libre sen ningún control público, que afectan ao mercado laboral e que ameazan coa redución de postos de traballo que sen dúbida vai incidir de maneira particular sobre o emprego feminino, que adoita ser un emprego marcado pola precariedade e sen a cobertura suficiente ante o desemprego.
Esta é a razón pola que desde o BNG vese como necesidade prioritaria amparar con diñeiro público as medidas de cobertura de desemprego para as mulleres, dada a situación laboral que padecen as mulleres galegas ao desenvolver a súa actividade en sectores laborais caracterizados pola precariedade e que por tanto van acusar en maior medida a recesión económica deste tempo.
Así mesmo, os dereitos de plena cidadanía das mulleres deberían estar recollidos no novo Estatuto de Nación, que suporía a oportunidade para as mulleres de avanzar na igualdade real. A acción dos gobernos, tanto a articulada a nivel nacional como desde os concellos, terá que dirixirse a evitar a saída das mulleres do mercado laboral, porque isto supón un retroceso nos dereitos sociais das mulleres, e a evitar a feminización da pobreza, comprometendo a sociedade civil e o tecido empresarial nesta tarefa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario