Cartaz da curtametraxe "Argazo", do director Xurxo González Rodríguez
Infogauda / A Guarda
A Axencia Audiovisual Galega vén de presentar na súa canle Flocos.tv, a estrea absoluta da curtametraxe "Argazo", do cineasta Xurxo González Rodríguez.
"Argazo" é un documental etnográfico, que foi gravado en 2006, en formato Dv Cam, e non contou con ningunha subvención.
Xurxo González, ocupouse do guión, dirección, produción e montaxe de "Argazo".
SIPNOSE
Hoxe en día, na costa da Guarda, ao sur de Galicia, pervive a tradición de recoller algas que son arrincadas polo mar embravecido.
Documental poético sobre o esforzo titánico das argaceiras, mulleres que se dedican a recollida de oucas (argazo) na vila da Guarda.
Documental poético sobre o esforzo titánico das argaceiras, mulleres que se dedican a recollida de oucas (argazo) na vila da Guarda.
De "Argazo" hai dúas versións: Longa, de 26´44" e Curta, de 05´07".
Ningún comentario:
Publicar un comentario