7 de mar. de 2009

O ROSAL: NAOMI BREY FLORES AMÓSANOS IMAXES DA INDIA

Infogauda / O Rosal
Este domingo 8 de marzo ás 18:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal, e con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, terá lugar a inauguración da Exposición Fotográfica "Shanti" da rosaleira Naomi Brey Flores, Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía Artística. Esta mostra pretende amosar a situación real da India e achegarnos a súa vida cotidiá a través dos ambientes e personaxes que reflicten a súa cultura. Grazas a unha beca de estudos, Naomi Brey Flores realizou un intercambio coa Kala Bhavan Visva Bharati University de Shantiniketan e a Jadavpur University de Calcuta, o que lle permitiu percorrer gran parte do país e coñecer a súa diversidade cultural.
Esta exposición poderá visitarse no Centro Social Polivalente ata o vindeiro venres día 13 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario