7 de xuño de 2010

A GUARDA

MOSQUITO DEPORTISTA


O sábado foi un día moi especial. Como todo mosquito deportista, participei da Festa da Bicicleta da Guarda, onde puiden comprobar que os nosos concelleiros están capacitados para todo tipo de actividades. Son profesores dos nosos fillos, poden organizar a festa sen intervención do encargado de tráfico, dirixen o tránsito como e onde faga falta, e por se todo iso fose pouco, andan en bici soliños. Eso sí, segundo din moitos comentarios, uns cos outros non se poden ver, aínda que son todo sorrisos en público, están agrupados en varios bandos, e ademáis de non colaborar entre sí, péñense cambadelas cada vez que poden.
Din que cando o río soa..., e debe ser certo, porque nesta festa, ademais de pedalear para chegar case último, puiden observar como había moitas e notorias ausencias, sería por falta de tipo atlético?
O Sr. Alcalde, debía estar nalgún sitio que non era o mencionado evento, o concelleiro de tráfico, tamén estaba atarefado, e os demais quen sabe onde e facendo que cousa polo pobo.
O que si é evidente, é que o percorrido non estaba axeitadamente organizado e supervisado, sería por falta de tempo ou de capacidade? Pero non é de estrañar, a isto xa nos tén afeitos o responsable do tema, na Festa do Monte 2009, puidemos ver participando da carreira pedestre varios vehículos, iso si sen numeración nas costas, outros tantos vimos desfilar xunto cos traxes galegos, e agora coas bicis ante a presenza de Deputación, todo un luxo
En fin, son innumerables as brillantes actuacións dun señor que fai alarde ante quen o queira escoitar da súa grande honestidade e labor para o pobo. Eu nin sequera me atrevo a cuestionar os seus ditos, o que si me pregunto é que acontecería cun empregado dunha empresa calquera que non cumprise co labor que lle é encomendado, e sólo fose puntual e eficiente á hora de pasar por caixa. Supoño que o despedirían e a ser posible con urxencia. Pero claro, no concello iso non se pode facer, e o xefe non ten poder para dicirlle a ninguén do seu grupo que non serve para o traballo. E iso é entendible, hai que ter voz, mando, h...humor, e algunhas veces adóitase perder.
Honesto, quero supoñer que o é, pero idóneo para o cargo xa demostrou en reiteradas oportunidades que non. De palabra, tampouco, xa que o famoso plan de tráfico se vén postergando unha e mil veces con diferentes mentiras, o que si parece é INVISIBLE, non só na súa función, senón tamén políticamente.
Derradeiramente, plan de tráfico, non temos e xa se lles remata o choio, ordenación do tráfico quedou claro que tampouco, pero concelleiro con dedicación, seguro que sí. Se son maioría que se note, e xa creo que o notamos!!! Cada día máis inoperantes!!!Ah! Esquecíame. Como sempre, na páxina subvencionada polo grupo elite, nin palabra sobre o tema.


ZZZ…MOSQUITO CAPÓN

OS VOSOS COMENTARIOS

Anónimo dixo:
Éste MOSQUITO CAPÓN dí toda a VERDADE. NIN O CONCELLAL DE TRÁFICO, NIN A POLICÍA LOCAL CANDO TEÑEN QUE ESTAR: NON ESTÁN. O Concellal de Tráfico que reconozca que non sirve pras funcions que ten como Dedicación Exclusiva e que uns bos cartos lle pagan cos cartos de todos os veciños. Que DIMITA se ten o que hai que ter... Pero como non os ten ... e os lerches son moi bos de gañar sin faer ben o seu traballo ...
martes, 08 xuño, 2010
Anónimo dixo:
todos sabemos cómo lle justan os cartos ao noso concelleiro, e tamen sabemos que o mais perto dos coñecementos sobre tráfico é o seu traballo en Citroen, por certo alí tamén cobra, traballará ijual que no noso concello? si é así pronto o botan fora.
martes, 08 xuño, 2010
Anónimo dixo:

váiase sr de trafico vaiase polo menos ata que lojre aprender aljo e asi non cobrar dos nosos cartos sen faer nada.

mércores, 09 xuño, 2010

Anónimo dixo:

O dibuxo está moi bó, mellor imposible. E o que queira entender ... que entenda ... senon que vaia a clases particulares do persoaxe lambón que todos sabemos, que por ser pra él lle podrán bó precio.

Anónimo dixo:

O Xabi, somentes lle falta subir en globo, pois e tan polifacético que non hai cousa que non sepa facer, montes, fútbol, Santa Tecla, ciclismo e sobre todo instituto, asi durou o que durou de director.

Ningún comentario:

Publicar un comentario