5 de nov. de 2009

GALICIA

Feijóo avanza que a Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas promoverá unha nova “cultura social”, facendo efectivo o dereito constitucional de protección da saúde dos menores



Infogauda / Galicia
O titular da Xunta cualifica de “imprescindible” esta nova norma, presentada no Consello da Xunta de hoxe, “ante os datos francamente preocupantes sobre o consumo de alcohol en menores".
Explica que, desde o ano 2000, as alcoholemias atendidas nos hospitais do Sergas aumentaron un 70%.
“Esta Lei está chamada a ser unha mensaxe social”, destacou Feijóo, quen salientou que a norma obriga aos menores, á Administración, e á sociedade no seu conxunto.
O presidente galego destaca que a Lei de medidas urxentes de mellora do transporte asegura o futuro laboral para os 5.000 traballadores do sector ao tempo que acada un desconto do 7% para a Xunta nas tarifas do transporte escolar ata 2020.
Ler máis

Feijóo reitera o apoio da Xunta ao Goberno a prol da liberación do Alakarana Demanda ao Executivo Central que informe puntualmente ás familias dos secuestrados

“Imos seguir apoiando ao Goberno de España; pero, sen ningunha dúbida, lle pedimos que informe puntualmente ás familias, que non oculte información e manteña unha liña aberta permanente con elas”, remarca.
“Por razóns de prudencia e porque é máis importante o que está en xogo que calquera refrega política, neste momento o compromiso que lle damos ás familias é que nós imos estar co Goberno de España ata que se liberen ás persoas retidas ilegalmente”, subliña.
Ler máis

Roberto Varela presenta “De Picasso a Barceló. A Colección Mayoral” como unha síntese da historia plástica española dos últimos sesenta anos
A inauguración da exposición do coleccionista tarraconense Manel Mayoral tivo lugar no Museo de Belas Artes de A Coruña e presenta o panorama artístico español dos últimos sesenta anos.
Picasso, Miró, Dalí, Chillida, Saura, Tàpies ou Barceló firman unha excelente escolma de corenta obras selectas.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario