IGNACIO GRANERO NO CENTRO CULTURAL

O Centro Cultural da Deputación inaugura hoxe, venres, día 6 de novembro, ás 20:15 horas, a exposición “Cor en textura”, de Ignacio Granero, e na que o artista (e médico de profesión) ofrece a súa particular visión pictórica.
Infogauda / Ourense
“Ignacio Granero é un analista da vida, un degustador de cores, un creador de texturas que aluden ao cambio, prácticamente constante, da natureza”. Así se manifesta sobre o traballo do artista o Catedrático e Director da obra sociocultural de Caixagalicia, José Manuel García Iglesias.Ignacio Granero ralizou estudios na Escola Superior de Arte e Deseño Antón Failde e na Escola de Artes e Oficios da Deputación. Forma parte do Colectivo de Médicos Artistas Plásticos de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario