RIBADAVIA E CENLLE HOMENAXEARON O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Infogauda / Cenlle (Ourense)
O igoal que o Concello de Ribadavia, que na xornada do sábado 16 deste mes, relembrou o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro; o Concello de Cenlle, en plena comarca do Ribeiro, cábelle a honra de haber levado a bó termo unha sinxela e sentida homenaxe o poeta ribeirao. A data elexida foi a tarde do domingo 17 de maio. O lugar foi Sadurnín, onde a familia Gómez-Alfaro posúe seu lar.
Con unha puntualidade exemplar, o Concelleiro de Cultura do Concello de Cenlle, Gabriel Alén Castro achegouse a Casa do Pobo, e deseguido o cemiterio e igrexa parroquial de San Xoán de Sadurnín. Pouco a pouco foron chegando os veciños de Saá e Sadurnín, así como o alcalde de Cenlle, deputado provincial e presidente da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, Manuel García Montero e súa dona.

A continuación, en nome do Concello de Cenlle, o alcalde efectuou unha ofrenda froral consistente nun centro de rosas vermellas, diante da sepultura onde repousan os restos mortais de X. C. Gómez Alfaro.

A primeira parte desta homenaxe, culminaria coa actuación de Ana Belén Rodríguez André, compoñente da Real Banda de Gaitas de Ourense, que ataviada co traxe de gala, interpretou coa súa gaita o Himno Galego.

A continuación, familiares do poeta, autoridades e público asistente, accederon o interior da igrexa de San Xoán de Sadurnín, onde interviría novamente novamente o alcalde de Cenlle, para facer unha sembranza biográfica de Ramón Piñeiro, por ser a persoalidade a quén se lle adica este o ano o Día das Letras Galegas.

Seguidamente a Coral Viladauga, de Laias, dirixida por Bernardo Martinez, interpretou catro pezas, unha delas en castelán, e tres en galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario