Amosando publicacións coa etiqueta PALLASOS EN REBELDÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PALLASOS EN REBELDÍA. Amosar todas as publicacións

26 de out. de 2011

BRASIL

PALLASOS EN REBELDÍA
Festiclown Palestina chega a Brasil con Leo Bassi e Iván Prado

Logo de Palestina, Pallasos en Rebeldía viaxa a Brasil

Foto: Pallasos en Rebeldía



Jéssica Beiroa / Brasil


O director do Festiclown Palestina, Iván Prado e Manuel Vicente (Roxo) acompañarán a Leo Bassi na súa xira polo Brasil. Durante a viaxe, que comezou onte mércores e se estenderá ata mediados de novembro, os artistas galegos presentarán tamén Pallasos en Rebeldía e o Festiclown Palestina en varios actos organizados por colectivos locais de circo, ademais de estableceren contacto co tecido cultural e social do país.
Deste xeito, o primeiro de novembro, Iván Prado e Roxo participarán en Río de Janeiro nunha charla-presentación a celebrar no local de “Teatro do Anónimo” e organizada polo colectivo brasileiro de pallasos “Anjos do Picadeiro”.
Conducida por João Carlos Artigos, coordenador do dito colectivo de pallasos, falaran Iván Prado, Roxo e Leo Bassi. Así, baixo o título"Risas que cambian o mundo: Chiapas-Palestina-Galicia", esta será a presntación oficial no Brasil de Pallasos en Rebeldía e do Festiclown Palestina.


Leo Bassi, nunha das súas actuacións en Palestina

Foto: Pallasos en Rebeldía


Sumando esforzos
Nunha viaxe que se enmarca na campaña de difusión do Festiclown palestina en todo o mundo, Iván Prado e Roxo a acompañarán a Leo Bassi na sua xira por São Paulo, Rio de Janeiro e o Estado de Santa Catarina. Pola súa parte, mentres que Iván Prado fará de produtor executivo da xira, Roxo fara de técnico de espectáculos.
Ao tempo que Leo Bassi actúa no festival de Florianópolis e en varias comunidades rurais do Brasil, Iván prado aproveitará para contactar con colectivos sociais e de teatro do brasil e para impartir unha conferencia en Rio de Janeiro.

11 de maio de 2009

"O que está sobre a mesa é se a humanidade está disposta a seguir permitindo este novo holocausto ou non".


Iván Prado / Palestina
Onte foi o dia máis estraño de toda a miña vida. Empezarei polo final a modo de conta atrás. Tres da mañá. Salón da casa dos pais do responsable da organización que nos trouxo a Nablús. Retirámonos á cama despois dun debate de toda a caravana sobre a resistencia armada, o motivo: temos adrenalina para cazar unha manda de elefantes e logo botar unha pachanga.Dúas horas antes cruzamos o casco vello desta cidade ocupada co corazón nun puño e como di Leo Bassi co ano estretto, e todo porque estivemos ata as doce e media no local de Human Suporters debatendo se ao día seguinte iamos facer unha acción pallasil a un chek point (o debate estaba en táboas e eu den o brazo a torcer. Non iríamos facer a acción para non fraccionar o grupo nin forzar a xente que dubidaba). Saímos ás 12.30 do local e o noso guía empezou a facer cousas estrañas como correr de esquina a esquina, mandarnos esperar en silencio ata que el comprobase primeiro se o camiño estaba libre., total, que de novo nola estabamos xogando. Era a hora das bruxas, a hora na que baixa o exército, e en calquera momneto nos podíamos atopar cunha columna israelita.Cruzamos como pantasmas a cidade ata o momento no que escoitamos o ruido dun enorme camión que na distancia parecía igual aos que transportan tropas israelitas. Nese intre de pánico colectivo a nosa expedición correu como se o demo nos levase (no meu interior sinto que esa rúa e esa noite estrelada son unha metáfora perfecta da miña vida. A modo de foto fixa síntome parte dun xogo secular ao que pertenzo). Finalmente cehgamos á casa. As palpitacións escóitanse a dez quilómetros á redonda. O camión era de borralla e esa noite o exército non baixaría, pero para a nosa experiencia supuxo tres volta seguidas a este dragón kanh sionista que se chama Cisxordania ocupada.Antes de sair por patas, celebramos o cumpreanos -pastel incluido- de Laila, a nosa incrible tradutora-guia-loxista e inmellorable embaixadora galaico-palestina. Sempre é algo extraño para min celebrar un cumpreanos en medio dunha vaixe deste tipo, pero o que fixo desta celebración algo único foi estar metidos nun bar ateigado de homes e pipas árabes vendo o histórico 6 a 2 do clásico da liga española (penso que é a primeira vez que vexo un partido de futbol enteiro pola tele na miña vida).A proporción de fans dun e outro equipo foi a mesma que o resultado pero á inversa. En Palestina calquera escusa é boa para sair da rutina xenocida, así que a controversia barsa "rial" madrid é o primeiro tema de conversación que se nos presenta pola rúa. O caso é que aos 5 minutos de partido xa me estou abrazando e pegando botes cos seguidores do Barça que temos ao noso carón. E eu que penso que o futbol televisado é o opio do pobo! O que non me pase en Palestina non me pasa en ningún sitio.Antes do partido viñamos de dar o obradoiro máis difícil da miña vida. O grupo era grande pero moi interesante e aínda eu tiña que loitar contra a dificultade de traballar con homes e mulleres no mesmo espazo. O que facia deste obradoiro o máis duro que nunca dei foi o xeito de empezar a mañá, algo que non esquecerei nunca.Son as 10 da mañá e saímos da casa camiño a unha xuntanza co pequeno circo, unha entidade de circo, pero antes agárdanos un percorrido turistico absolutamente dantesco. O noso guía lévanos polo roteiro do terror en Nablús, un combinado que mistura historia de resistencia heroica coa depravación humana máis sangrante.Nablús é unha cidade con máis de 2000 anos de historia, un lugar histórico merecedor de todos os apoios internacionais posibles pero está en ruinas, as ruínas que provoca esta guerra de ocupación. Os sionistas deixaron e deixan (nestes intres estannos sobrevoando os F16 -que se fabrican en Europa ou Estados Unidos-) un rastro de sangue case imborrable. En cada esquina da ciadade hai fotos dos mártires da causa Palestina, en cada ruela hai bandeirolas contando o sufrimento desta población, casas derrubadas polos bulldozers, edificios enteiros bombardeados para que as tropas poidan entrar no corazón do casco antigo, casas e pedras que sepultaron familias enteiras mentres os veciños tiñan que esperar semanas para retirar os corpos ou salvar os supervivintes, historias de nenos asainados mentras xogaban nas terrazas, corpos en descomposición porque nesta cidade os mortos non teñen dereito nin sequera a seren recollidos polos seus seres queridos.Despois de estar en Nablús a membrana do corazón que me une á humanidade está tan fráxil que teño medo de esbirrar. Dar un obradoiro de risoterapia depois deste percorrido polas venas abertas de Palestina, despois de escoitar máis dunha hora de testemuñas das aberracións cometidas polos soldados xudeos foi, sen lugar a dúbidas, o maior reto da miña vida como militante da fraternidade entre os pobos.Aínda así, o obradoiro saiu moi ben e agora temos unha familia en Nablús, unha familia de varios miles de persoas que viven rodeadas por 6 cuarteis militares, 5 chek points e once cabezas nucleares que están nas súas montañas.Non sei que vai pasar pola noite, se virán os soldados á casa ou non, ou se nos pararán no chek point. O que si sei é que nesta cidade, neste país, estase xogando o meu futuro e o da miña familia. O que está sobre a mesa é se a humanidade está disposta a seguir permitindo este novo holocausto ou non.

8 de maio de 2009

ÚLTIMA CRÓNICA DESDE PALESTINA



Iván Prado / Palestina
Isto non é unha crónica. Isto é unha ferida de bala. Por favor, absterse políticamente correctos e demais familia. Israel non é un estado, é o nome dun exército de ocupación en Oriente Medio e, ata onde eu alcanzo a saber, os estados democráticos non manteñen relacións diplomáticas con exércitos, senón cos seus gobernos, así que non entendo como os israelitas teñen embaixadas en territorio europeo.

Normalmente, os estados que se din democráticos teñen exércitos para que defendan (teóricamente) a súa poboación civil. No caso sionista é ao revés. O exército ten unha poboación civil para que os defendan das resolucións da ONU, para que os xustifiquen ante a opinión internacional e para que poñan fillos e corpos no proceso de avance sobre territorio árabe.

Isarel non é un país, é unha maquinaria -perfectamente engraxada- de expoliar, destruir, mentir e exterminar a unha poboación civil que ante tanques ten pedras, ante helicópteros, ten cometas e ante cabezas nucleares só conta coa súa dignidade e séculos de historia.

Pero volvendo a nós, a santa cuna da democracia e as liberdades, que fai Europa? que facemos ante o muro da vergoña, un muro que pesa sobre todos os seres humanos como unha lousa de morte e miseria? que fai o goberno Zapatero, ademais de venderlles armas aos sionistas e despois decir non foron usadas nas masacres de nadal en Gaza? que máis fai a Unión Europea ademais de regañar feblemente a comandancia xeral dese exército de ocupación que eles chaman goberno israelita mentres os tanques destrúen os hospitais palestinos financiados cos impostos de todos nós?

Sacamos as tropas españolas de Irak e non imos tirar un valado de 8 metros de alto que estrangula lentamente á poboación civil indefensa e inocente? saímos ás rúas e botamos un goberno mentiroso e cobarde pola guerra en Irak e non imos tomar os estrados e os medios de comunicación para acabar con este holocausto? que lles imos dicir ás vidnerias xeracions, que estabamos ocupados vendo o 2 a 6 da Liga mentres en Palestina esnaquizaban un pobo e á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, torturando a ambos os dous en celas de 1 metro por 2?

O exército de ocupación israelita non só okupa inxustamente e de xeito criminal uns territorios en Oriente Medio, está okupando a nosa conciencia como seres humanos, non so humillan a palestinos e palestinas, humillan a toda aquelas persoas que sintan que forman parte dun ben común chamado humanidade.

7 de maio de 2009

8ª CRÓNICA DE PALLASOS EN REBELDÍA DESDE PALESTINA



Iván Prado / Palestina
Esta foi a viaxe máis dura da miña vida e non porque case morremos nun accidente de tráfico ou me apalean no aeroporto na viaxe de volta, non. O que fixo desta expedición unha experiencia máis dramática incluso que a anterior, na que nos bombardearon, vimos sair corpos destrozados das ambulancias por mor dos tomahauks israelitas, golpearon xente diante dos nosos ollos, e fomos testemuñas de agresivos combates nocturnos, foron as testemuñas que en cada sitio nos ían dando: unha terrorífica historia colectiva tallada a sange sobre a resistencia do pobo palestino.

Case toda a xente coa que falamos pasou pola cadea, case toda, e senón ten o seu parente mais querido está alí metido, e ás veces as dúas cousas á vez. En cada casa hai relatos de humillación, impotencia e xenocidio.

Estudantes universitarios, traballadores da sanidade, amas de casa, militantes sociais, nenos e nenas, anciáns ao final da súa vida… dá igual. Se son palestinos nas zonas ocupadas, só poden falar de paus, disparos, vexacións e torturas, un ronsel de atrocidades tan grande que para seguir escoitándoos co corazón teño que facer acopio de toda a miña reserva emocional de alegría e esperanza.

O que resulta increiblemente extraño é que falan sen odio na mirada, que despois de dicirche como foron torturados seguen amosándoche a súa humanidade, que despois de ensinar as balas na parede seguen servíndoche te con todo o cariño do mundo. Como pode ser que un pobo tan machacado non perda o sorriso, non perda a ocasión de ser amable e siga mantendo a bandeira da esperanza en alto, como pode ser que os seus rostros non sexan de granito, os seus cantos de odio e o seu camiñar de destrucción, despois de levar máis de 60 anos baixo un sistema que oprime, desprecia e os acaba?

Só teño unha resposta, a luz, pola luz interior que portan. E cando hai tanta luz, a sombra non deixa de perseguila.

Marchamos para Barcelona, pero no aeroporto de Tel Aviv espéranos o último capítulo desta demencia colectiva que chaman Israel. Revísannos todo o material, lévannos a unhas cabinas illadas e a min fan me desnudar (como non levo calzoncillos tráenme a miña mochila para que os poña). No meu inglés tarzánico dígolles que por favor non toquen o meu colgante. Despois de 5 veces bérrolle ao mamón do segurata xudío e pego un golpe contra a mesa. El acójonase e chama dúas veces ao timbre de seguridade. En 15 segundos aparecen 5 armarios empotrados israelitas dispostos a hostiarme. A situación cálmase e eu miro para eles con odio e desprezo.

Desta volta non hai golpes, libreime. Iso si, insisto vestido só co meu orgullo e uns gallumbos que non me toquen o colgante. 5 minutos despois bérrolle a unha da seguridade que si me entende en castelán que en Isarel non se respeta ás persoas, e a escena ameaza con repetirse, pero desta volta o calvo e o colega métennos na fila de embarque business diante de todo o mundo e pásannos por outro corredor á zona internacional. Vese que a mala hostia de Lugo ás veces axuda a non facer fileiras.

Na glamurosa parte internacional do aeroporto Ben Gurion vemos a metáfora perfecta desta ocupación sionista. Unha enorme fonte central baixo unha inmensa cúpula de cristal deixa caer do ceo, sen tubos nin estruturas, ríos de auga, a mesma auga que os palestinos non poden empregar para os seus campos porque os xudeos a teñen roubada, auga que cae do ceo, terras que caen do ceo, armas que lles caen do ceo a este pobo que tanto sufriu no pasado, todo lle vén dado hoxe por mandato divino, acaso non lle podería caer a humanidade enteira tamén desde o ceo?

7ª CRÓNICA DE PALLASOS EN REBELDÍA DESDE PALESTINA




Iván Prado / Palestina



Onte foi o dia máis estraño de toda a miña vida. Empezarei polo final a modo de conta atrás. Tres da mañá. Salón da casa dos pais do responsable da organización que nos trouxo a Nablús. Retirámonos á cama despois dun debate de toda a caravana sobre a resistencia armada, o motivo: temos adrenalina para cazar unha manda de elefantes e logo botar unha pachanga.
Dúas horas antes cruzamos o casco vello desta cidade ocupada co corazón nun puño e como di Leo Bassi co ano estretto, e todo porque estivemos ata as doce e media no local de Human Suporters debatendo se ao día seguinte iamos facer unha acción pallasil a un chek point (o debate estaba en táboas e eu den o brazo a torcer. Non iríamos facer a acción para non fraccionar o grupo nin forzar a xente que dubidaba).

Saímos ás 12.30 do local e o noso guía empezou a facer cousas estrañas como correr de esquina a esquina, mandarnos esperar en silencio ata que el comprobase primeiro se o camiño estaba libre…, total, que de novo nola estabamos xogando. Era a hora das bruxas, a hora na que baixa o exército, e en calquera momneto nos podíamos atopar cunha columna israelita.
Cruzamos como pantasmas a cidade ata o momento no que escoitamos o ruido dun enorme camión que na distancia parecía igual aos que transportan tropas israelitas. Nese intre de pánico colectivo a nosa expedición correu como se o demo nos levase (no meu interior sinto que esa rúa e esa noite estrelada son unha metáfora perfecta da miña vida. A modo de foto fixa síntome parte dun xogo secular ao que pertenzo). Finalmente cehgamos á casa. As palpitacións escóitanse a dez quilómetros á redonda. O camión era de borralla e esa noite o exército non baixaría, pero para a nosa experiencia supuxo tres volta seguidas a este dragón kanh sionista que se chama Cisxordania ocupada. Antes de sair por patas, celebramos o cumpreanos -pastel incluido- de Laila, a nosa incrible tradutora-guia-loxista e inmellorable embaixadora galaico-palestina. Sempre é algo extraño para min celebrar un cumpreanos en medio dunha vaixe deste tipo, pero o que fixo desta celebración algo único foi estar metidos nun bar ateigado de homes e pipas árabes vendo o histórico 6 a 2 do clásico da liga española (penso que é a primeira vez que vexo un partido de futbol enteiro pola tele na miña vida).

A proporción de fans dun e outro equipo foi a mesma que o resultado pero á inversa. En Palestina calquera escusa é boa para sair da rutina xenocida, así que a controversia barsa "rial" madrid é o primeiro tema de conversación que se nos presenta pola rúa. O caso é que aos 5 minutos de partido xa me estou abrazando e pegando botes cos seguidores do Barça que temos ao noso carón. E eu que penso que o futbol televisado é o opio do pobo! O que non me pase en Palestina non me pasa en ningún sitio. Antes do partido viñamos de dar o obradoiro máis difícil da miña vida. O grupo era grande pero moi interesante e aínda eu tiña que loitar contra a dificultade de traballar con homes e mulleres no mesmo espazo. O que facia deste obradoiro o máis duro que nunca dei foi o xeito de empezar a mañá, algo que non esquecerei nunca. Son as 10 da mañá e saímos da casa camiño a unha xuntanza co pequeno circo, unha entidade de circo, pero antes agárdanos un percorrido turistico absolutamente dantesco. O noso guía lévanos polo roteiro do terror en Nablús, un combinado que mistura historia de resistencia heroica coa depravación humana máis sangrante. Nablús é unha cidade con máis de 2000 anos de historia, un lugar histórico merecedor de todos os apoios internacionais posibles pero está en ruinas, as ruínas que provoca esta guerra de ocupación. Os sionistas deixaron e deixan (nestes intres estannos sobrevoando os F16 -que se fabrican en Europa ou Estados Unidos-) un rastro de sangue case imborrable.

En cada esquina da ciadade hai fotos dos mártires da causa Palestina, en cada ruela hai bandeirolas contando o sufrimento desta población, casas derrubadas polos bulldozers, edificios enteiros bombardeados para que as tropas poidan entrar no corazón do casco antigo, casas e pedras que sepultaron familias enteiras mentres os veciños tiñan que esperar semanas para retirar os corpos ou salvar os supervivintes, historias de nenos asainados mentras xogaban nas terrazas, corpos en descomposición porque nesta cidade os mortos non teñen dereito nin sequera a seren recollidos polos seus seres queridos… Despois de estar en Nablús a membrana do corazón que me une á humanidade está tan fráxil que teño medo de esbirrar. Dar un obradoiro de risoterapia depois deste percorrido polas venas abertas de Palestina, despois de escoitar máis dunha hora de testemuñas das aberracións cometidas polos soldados xudeos foi, sen lugar a dúbidas, o maior reto da miña vida como militante da fraternidade entre os pobos. Aínda así, o obradoiro saiu moi ben e agora temos unha familia en Nablús, unha familia de varios miles de persoas que viven rodeadas por 6 cuarteis militares, 5 chek points e once cabezas nucleares que están nas súas montañas. Non sei que vai pasar pola noite, se virán os soldados á casa ou non, ou se nos pararán no chek point. O que si sei é que nesta cidade, neste país, estase xogando o meu futuro e o da miña familia. O que está sobre a mesa é se a humanidade está disposta a seguir permitindo este novo holocausto ou non.

4 de maio de 2009

Crónica 6 de Pallasos en Rebeldía desde Palestina

Iván Prado / Palestina
Onte chegamos a Nablús, o corazón da resistencia palestina. Os israelitas chámanlle a fábrica palestina de terroristas e aquí atopeime por primeira vez coa morte. De camiño para a nosa actuación nun campo de refuxiados cercano á cidade, nun adiantamento absolutamente temerario, o noso chófer perdeu o control e a unha velocidade vertixinosa saiuse da estrada, batendo contra un edificio.

O coche quedou inservible e nós saimos vivos de milagre desa caixa de mistos polo noso pé,se ben fomos axudados pola Media Lúa vermella. O primeiro que fixemos nada máis ver que podiamos camiñar Laila e máis eu foi botar a rir e gastarlle bromas ao das ambulancias, de feito cando nos pediron ir ao hospital eu respondín que non podiamos que tiñamos que ir facer unha actuación en 15 minutos e que logo xa veriamos se pasabamos por alí. Pero xa cos papeis firmados deime conta que estaba con Laila, e que dalgún xeito era responsable da misón, e como Isaac ía noutro coche el podería facer a función e nós ir ao hospital. Así que cambiei de idea e con todo asinado díxenlles que si que marchabamos ao hospital.

De camiño para alí deume por facerlle o xogo que me bautizou en Chiapas, o Lokonuk (pescozotolo) e fíxenlles un número de maxia que simula como o meu pescozo estala. Que mala idea! Acabei entrando no hospital cun collarín incomodísimo e botado na camilla.

A atención médica foi extraordinaria, por certo por fin averiguei o meu tipo sanguíneo, e despois de ir dar parte á comisaría fomos para casa da familia que nos acolle nesta cidade.
Se na estrada case morro, na casa desta xente volvín nacer.

Son unha entrañable parella de anciáns que nos acollen cunha comida típica palestina exquisita. Desde que entramos todo son coidados, amabilidade xestos de cariño e respeto, pero para cando chegamos aos postres, as historias que nos contan nos deixan o corazón xelado.

Nesa casa entrou (como na maioría dese barrio) o exército israelita ducias de veces para mantelos retidos e utilizalos de escudo humano diante da resistencia armada palestina. Ao fillo disparáronlle mentres estaba na terraza estudando, e de camiño ao hospital pillárono, espírono, déronlle unha malleira e tivérono 6 horas desangrándose, ata que a súa nai atravesou o cordón militar enfrentándose ao exército e conseguiu finalmente liberalo e sacalo a pé ata o hospital porque non deixaban pasar a ambulancia.

Esa mesma muller que nos serve o té que se parece enormemente á miña avoa, esa nai coraxe, case a matan mentres rezaba. Un dos versos do Corán no que se agochaba salvouna do disparo que quedou inmortalizado no armario roupeiro que está na habitación principal da casa, onde por certo pasamos a noite, mirando para os buratos de balas do tellado.

Mentres imos para a cama, o fillo danos as últimas indicacións do que debemos facer se entran de novo os soldados israelitas. Noite si e noite tamén toman a cidade a partir das 12 da noite e van entrando arbitrariamente nas casas para humillar, maltratar e roubar á sociedade civil.

Esperto pola mañá e vexo que sigo vivo, que os militares non entraron esta noite na cidade e non houbo máis disparos na casa, esperto e vexo que sigo vivo e que a xente nesta cidade segue co seu día a día, sabendo que ese pode ser o último. Esperto e algo en min cambiou. Parece que a vida é distinta cando cada día se convirte nun presente.

Esta noite volveremos a esa casa, a esa habitación con rastros da violencia xudea e volverei pechar os ollos sen saber se cando os abra terei un neno sionista apuntándome cun 16 mm..

3 de maio de 2009

CRÓNICA 5 DENDE PALESTINA

Iván Prado / Palestina
Eu son de Lugo, unha das poucas cidades no mundo nas que se pode camiñar sobre unha muralla romana de máis de dous quilómetros, pero hoxe en Palestina exercín de asaltador de murallas modernas.
Hoxe atentamos ludicamente contra o valado da vergoña , no noso terceiro día en Qalqilya decidimos Isaac , Laila, Edu e máis eu ,acompañados de varios compañeiros palestinos do Frente Popular, levar a cabo unha acción de rebeldía pallasil contra a construción actual que máis vulnera os dereitos humanos no mundo.
8 m de alto, alambres eletrificados, torretas cheas de ametralladoras, cámaras de vídeo, patrullaxes as 24 horas do día, todo un sistema carcelario imposto a un país enteiro que se ve atravesado por unha ferida de cemento gris e xenocida, si, xenocida, porque este valado non só separa cidades, barrios pola metade, familias enteiras, non, tamén separa a milleiros de campesiños das súas terras, terras que en moitos casos, como aquí en Qalqilya, son as mellores terras , as que mais auga teñen, e que sen elas vense abocados á mendiciade e á miseria.
Cercar a poboación palestina, impoñerlles esta guillotina na súa terra é o xeito mais diabólico de ocupación. Os xudeos teñen o dereito ao igual que o resto da humanidade a lamentarse dos guettos nazis como o de Varsovia, e eu pregúntome daquela que é isto senón un inmenso e sangrante guetto? Como chamar ao feito de que quilómetros e quilómetros de grises muros impiden a xente sair das súas vilas, camiñar polas súas rúas, seren libres no seu propio país.
Durante a segunda Guerra Mundial, a humanidade viviu un dos seu peores episodios -sen lugar a dúbidas- dentro dese capítulo escuro das sociedades modernas. Os guettos e os campos de concentración foron os exercicios máis doentes daquela época , pero acaso hoxe o goberno israelí que se di democrático non está reproducindo unha versión actualizada e tecnificada do nazismo? Acaso plantar unha cárcere ao redor dos soños e as esperanzas dun pobo non é un xeito de opresión, incluso máis fascista que a que exercen nos calabozos do Mosad, ou cos bombardeos indiscriminados sobre a poboación civil en Gaza?
Cercar as vidas da xente con vontade de eternizar este conflito é un ultraxe para toda a humanidade. Non podemos sentirnos libres en ningunha parte do mundo mentres un palestino non sexa libre de camiñar polo seu país sen atoparse cunha lápida de 8 metros de alto que lle di que non ten dereito a ser persoa.
Hoxe tiramos narices vermellos e tamén pedras, atravesamos virtualmente o valado, démoslle tartazos, pintamos LONGA NOITE DE PEDRA en vermello sobre esa pel gris de inxustiza fosilizada... Hoxe exercemos de vox populi, de embaixadores da risa rebelde en nome de moita xente que no mundo sente como ese valado pesa no seu corazón, porén, cando marchamos, na nosa conciencia resoan as palabras dun compañeiro noso: "sabemos cando o construiron pero non sabemos cando o poderemos derrubar, cecais o meu tataraneto me mande unha postal á tumba coa foto do valado derrubado".
E a min gustaríame, saeme do corazón berrarlle que non, que el verá, que xuntos veremos como o valado cae, como camiñaremos sobre os seus bloques de morte e mentira, como poderemos brincar dun lado ao outro como se o espello de Alicia fose. Gustaríame abrazalo e dicirlle que os nosos fillos xogarán nos dous lados do valado porque non existirá unha fronteira ante a felicidade dun pobo, que na miña terra hai moita xente disposta a sair as rúas para tumbar ese valado aínda que sexa na distancia.
Hoxe marchamos para casa cun sabor agridoce nos beizos e unha promesa no corazón. Ese valado caerá, tal e como caeron outros antes, porque máis pronto que tarde o torrente que a humanidade é derramarase sobre estas terras para que vexamos brotar de novo mil primaveras mais.

2 de maio de 2009

CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE PALESTINA

Iván Prado / Palestina
Esta é a primeira crónica que escribo nos 5 días que levo en Palestina e apenas vexo o teclado por mor da choreira incontrolada que me deu ao despedirme da xente do circo palestino. A despedida tivo lugar despois dun intenso obradoiro que demos en Hebrón, unha cidade palestina ocupada onde a poboación local ten que compartir espazo con colonos armados e protexidos por exércitos particulares que, ao igual que nas películas do Oeste, teñen atemorizada a toda a sociedade civil.
A verdade é que con tanto traballo, viaxes, xuntanzas e sobre todo emocións desbordantes non atopaba gañas nin tempo para escribir as crónicas. Creo que é a primeira vez que tardo tanto en comezalas pero hoxe, recluído na parte traseira da furgoneta e parapetado entre as mochilas de viaxe e malabares, sinto a vertixe que produce este país.
Hai algo esencial en Palestina, algo vital contra o que a maquinaria nazi dos israelitas non pode. Estou chorando ante o impacto nuclear que me xera un baño de realidade. Síntome como se me mergullase nunha piscina de magma na que non chego a arder pero que queima por dentro as miñas entrañas.
A xente do circo palestino é a mellor metáfora do que a esperanza implica para o ser humano, persoas que levan as artes circenses ao corazón do conflito que é o mesmo que o propio corazón da humanidade.
Todos falan ante as nosas cámaras, todos teñen palabras que removen a nosa alma. Un fala do compañeiro de xogos que mataron nos seus brazos e como a impotencia de non podelo levar a rastro a tempo ao hospital aínda o persegue hoxe. Outro fala dos seus soños como palestino e home de circo, soños que soan sinxelos ante a cámara pero que están cargados de vida e resistencia.
Outro cóntanos por que vai ter un fillo en Palestina e o vai a criar ante tanta inxustiza e violencia. A razón é tan fermosa como que o circo tamén é o seu fillo e non o pode deixar abandonado, pero a que máis me tocou na alma foi a muller do circo palestino quen, cando nos despedimos, me dixo que ela non tiña bágoas para chorar.Eu si chorei. Chorei por todos eles, pola súa valentía, por veren cumprido o soño de que volvan á súa terra, por veren cumprido o soño dunha Palestina sen violencia onde criar un fillo en liberdade. Tamén chorei porque algún día todos os rapaces palestinos poidan ser nenos sen mais. Chorei ademais para que chegue o momento en que a miña amiga se permita chorar, pero en realidade chorei pola emoción de ver ao ser humano, a un igual, ser capaz de levantar a bandeira da dignidade mentres ao seu redor o mundo se derrumba pouco a pouco.
Neste intre venme á cabeza un verso en árabe clásico que tallaron na lápida dun guerrilleiro palestino: “Non serei servo de ninguén porque non vivirei mais que unha vez e fareino con dignidade”.

Bágoas e risas que tiran muros interiores, que liberan corpos e espazos, que crean colchóns de esperanza ante tanto terror e inxustiza. Choro, pero non deixo de rir, porque no fondo sei que estamos abocados á felicidade.

29 de abr. de 2009

CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE PALESTINA

Crónica 1. De cando os apelidos son sinónimo de terrorista


Iván Prado / Palestina
Despois de 12 horas de viaxe, parada incluída en Estambul, chistes, moitas risas, certos nervios e bastantes preguntas chegamos a Tel Aviv, cansos e cheos de sono. Aínda así non perdiamos a alegría, xa que estabamos cerca de Palestina e pronto empezaría a nosa aventura, pero démonos de fuciños contra o valado, non o físico que atravesa Cisxordania ignominiosamente, senón o valado da represión sistematizada, a incompresión e o terrorismo de estado.

No aeroporto de Ben Gurion, deteñen a Laila pola súa ascendencia palestina. O seu apelido fai sospeitar á xudia de cor que se atopa metida nesa garita tuneada coa que xa te humillan nada máis chegar a Isarel. Lévana á parte cando se enteran de que o seu pai naceu en Yenin e a nós déixannos marchar, pero Edu e eu decidimos que un de nós fica na antesala do inferno para non deixar soa a Laila, así que me armo de valentía ignorante e, co meu inglés do Porriño, voume para enriba dun armario con patas e traxe de torturador e pregunto pola miña amiga.

Total, que me quitan o pasaporte e me meten nunha saliña pola que van pasando, como no bar intergaláctico de "La guerra de las galaxias" todo tipo de especímenes, desde mexicanos de camiño a Xerusalén en santa peregrinación ata árabes con pintas de dedicarse ao tráfico de armas e outras especies. Ninguén me explica nada pero eu tamén estou retido, non entendo o dioma do país e non teño papeis. Agora comprendo un chisco máis os africanos que chegan ás nosas costas.

Laila vai entrando e saíndo de varios interrogatorios e de vez en cando déixana vir conmigo, así ata que na quinta visita ao kafkiano aparato sionista, obrígana a abrir o seu correo e descobren ao que realmente vimos, momento no que nos amezan con botarnos do pais e obríganme a entrar na sala de interrogatorios.

Eu canso, farto e de mala hostia, decido que se me van botar polo menos que sexa con clase. Mensaxes e chamadas ao consulado e a Edu, que está fóra esperándonos coas maletas, aos primeiros para pedirlles axuda (cousa que non serviu para nada) e ao segundo para que fuxa e se esconda (cousa que tampouco funcionou porque el decidiu que, se nos botan, solidariamente, regresa con nós).

Total, que entro e decido sentarme nunha cadeira que queda baleira, iso si, está ao fondo e na esquina do cuartucho, cousa que cabrea moito a señora e nun inglés vomitado bótame unha berradura e dime que me arrime, ao que eu lle contesto coa miña estudada frase "sorri ai an non espikin inglis". A señora -de mala hostia- responde que non me preocupe, que ela sabe español, pero eu entendo o contrario e respondo que "eso yes is a problem", e a señora responde que o problem o teño eu e moi big, vamos que Faemino e Cansado estarían felices de copiar estes diálogos.

Logo mándame buscar o billete de volta en papel, cousa moi anticuada porque xa fai tempo que todo isto funciona por Internet. Dígollo e ameaza con botarme do país. Ademais empeza a berrar que non temos billete, e eu a dicirlle que si, que está en Internet, e ela a dicir que non temos billete e que nos bota. Despois dun anaco de ping - pong finalmente mándame mirar o meu correo, así que movo a pantalla para min e a paisana móvea para ela, eu para min ela para ela, e a quinta vez deste valse dos idotas cabréase tanto que nos bota da habitación. Home, era o que faltaba que fora eu abrir alí diante desa represora o meu correo.

Cinco horas despois da nosa chegada, estabamos libres. Isarel é un estado ilegal e ademais maleducado que non entende que as persoas somos seres vivos e non pezas dunha cadea de montaxe. Se chegan a saber que eu me apelido Fernández e que, posiblemente, algún antergo meu lle prendeu lume a algunha casa de xudeos no Medievo español, ao mellor aínda seguiamos alí encerrrados.

Na porta hai un enorme cartel que pon “Welcome a Israel”, e eu penso que deberían engadir: “As autoridades isarelís informan que ser persoa neste país prexudica seriamente a súa estadía nel”.