O PSdeG-PSOE cita á veciñanza de Tomiño este sábado nun acto público con Carmela Silva, David Regades e Violeta de Santiago
Ricardo Rodríguez Vicente/Tomiño
A campaña electoral do PSdeG-PSOE fai parada na comarca do Baixo Miño este sábado, 21 de novembro. Baixo o lema «A forza da xente», a formación socialista celebrará un mitin aberto á cidadanía no municipio de Tomiño.
O encontro dará comezo ás 20:00 horas e terá como escenario a Casa da Cultura (situada na Avenida República Arxentina, s/nº).
A convocatoria confirma tres turnos de intervencións que combina a representación institucional a nivel estatal e provincial co liderado local da agrupación:
• Carmela Silva, número 1 da candidatura socialista ao Senado.
• David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE.
• Violeta de Santiago, que xoga un papel destacado como anfitrioa ao exercer como secretaria xeral e concelleira en Tomiño, ademais de concorrer como candidata suplente ao Congreso.
A cita deste sábado preséntase como un espazo para que os tres representantes expoñan as liñas principais do proxecto socialista e acheguen as súas propostas directamente aos veciños e veciñas de Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario