13 de out. de 2026

A GUARDA

A OMIX DO CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE ÁLBUMS DE RECORTES, O 24 DE OUTUBRO  

• A actividade está incluída na programación de outono e terá lugar de 10:00 a 13:00 horas na Casa do Concello 

• As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de outubro en: https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9   




Infogauda/A Guarda 

 O Concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza o vindeiro 24 de outubro un obradoiro de creación de álbums de recortes creativos, unha proposta creativa incluída na programación de outono da OMIX que terá lugar na Casa do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas.  

 O devandito obradoiro realizarase cunha técnica artística que combina fotografías, recortes, papeis decorativos e diferentes elementos para crear álbums personalizados e composicións orixinais. A través desta actividade, as persoas participantes poderán descubrir novas formas de conservar e presentar os seus recordos, ao tempo que experimentan con materiais, cores e deseños.  

 Durante as tres horas de duración do obradoiro, as persoas asistentes terán a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación, aprender técnicas creativas e elaborar as súas propias creacións nun ambiente participativo e relaxado. Non é necesaria experiencia previa, xa que a actividade está pensada para achegarse as técnicas do obradoiro de creación de álbums de recortes creativos, desde cero e gozar do proceso creativo.  

 As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do formulario en liña habilitado: 

https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9  

Ningún comentario:

Publicar un comentario