13 de out. de 2026

A GUARDA

A PRAZA DE AVELINO VICENTE ACOLLERÁ UNHA NOVA FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO LOCAL DA GUARDA CCA  

•  Este sábado, 17 de outubro, a partir das 10:00 horas




Infogauda/A Guarda 

 A praza de Avelino Vicente, da Guarda converterase este sábado, 17 de outubro, no epicentro do comercio local cunha nova edición da Feira de Oportunidades do Comercio de A Guarda CCA, unha iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A Guarda Centro Comercial Aberto, coa colaboración do Concello da Guarda e da Xunta de Galicia.  

 A xornada terá lugar a partir das 10:00 horas e persoas veciñas e visitantes poderán achegarse para coñecer e aproveitar as oportunidades e ofertas do comercio local.  

 A Feira de Oportunidades busca poñer en valor o comercio de proximidade e ofrecer aos establecementos participantes un espazo para dar a coñecer os seus produtos e propostas, ao tempo que se anima á cidadanía a mercar no comercio local.  

 "Dende o Concello da Guarda animamos a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse este sábado á feira e apoiar o comercio local, un sector fundamental para dinamizar a economía e a vida social do municipio", indica o alcalde en funcións, Óscar Alonso Álvarez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario