Políticas sociais
Abel Losada visita ACEESCA para coñecer os programas de conciliación
• O Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade destina 24.900 euros á entidade do Porriño para o proxecto “Comunidade que coida, diversidade que enriquece”
• A iniciativa inclúe respiros familiares, actividades fóra do horario lectivo, campamentos e programas de ocio para facilitar a conciliación das familias
• Algúns dos servizos están abertos tamén a nenos e nenas de 3 a 12 anos da contorna de Torneiros
Infogauda/O Porriño
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou hoxe as instalacións de ACEESCA no Porriño para coñecer de primeira man as actuacións que a entidade desenvolve ao abeiro do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade. Durante a visita estivo acompañado pola directora da Área de Infancia e Xuventude de ACEESCA, Mari Santos, quen lle explicou o funcionamento dos diferentes recursos e as medidas de conciliación que a asociación pon á disposición das familias.
ACEESCA recibe este ano 24.900 euros do Plan Corresponsables para desenvolver o proxecto Comunidade que coida, diversidade que enriquece, a través do que organiza campamentos durante os períodos de vacacións escolares de Nadal, Semana Santa e verán, ademais de ofrecer servizo de comedor, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
Unha entidade con máis de catro décadas de traxectoria
ACEESCA recibe este ano 24.900 euros do Plan Corresponsables para desenvolver o proxecto Comunidade que coida, diversidade que enriquece, que inclúe diferentes recursos destinados a facilitar a conciliación das familias. Entre eles están os respiros familiares durante fins de semana e períodos vacacionais; as actividades fóra do horario lectivo, con obradoiros de ocio, deporte adaptado e estimulación; así como os campamentos durante as vacacións de Nadal, Semana Santa e verán.
O proxecto contempla tamén a posta en marcha dun servizo de acollida antes e despois do horario lectivo. Ademais, algúns destes recursos, como a acollida e os campamentos, están abertos tamén a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos da contorna de Torneiros, co obxectivo de favorecer a inclusión e a participación na comunidade.
ACEESCA é unha das seis entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra beneficiarias do Plan Corresponsables en 2026. En conxunto, estas entidades reciben 100.118 euros.
O Plan Corresponsables mobiliza este ano na provincia 1.162.864 euros, distribuídos entre 49 beneficiarios: 32 concellos, seis entidades de iniciativa social, e 11 ANPA e federacións de ANPA.

Ningún comentario:
Publicar un comentario