Ponse en marcha unha plataforma cidadá que promove a apertura dunha extensión da Escola Oficial de Idiomas na Guarda
Redacción/A Guarda
O crecemento constante por parte de sociedade da demanda de estudos de idiomas estranxeiros, favoreceu que un grupo heteroxéneo de persoas da Guarda se unan para reclamar que no vindeiro curso 2027-28 se impartan ensinanzas da Escola Oficial de Idiomas nesta localidade. A extensión comprendería o alumnado do sur oeste da provincia de Pontevedra das vilas de A Guarda, Oia e O Rosal, entre outras localidades.
Dende esta organización de persoas realizáronse varias xestións coa sede central de Vigo e co IES A Sangriña. A decisión final de apertura dunha sección no instituto é competencia exclusiva da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
A finais de setembro o equipo directivo do IES A Sangriña comunicou a portavoz da plataforma Macarena G.P. que eran favorables a creación dunha extensión da EOI no instituto polas tardes, sempre é cando a Consellería de Educación dote de persoal docente e asuma os gastos de funcionamento da mesma.
Ensinanzas e prezos das Escolas Oficiais de Idiomas
As ensinanzas de idiomas estrutúranse en tres niveis adaptados o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER): Nivel básico (A1 e A2), nivel intermedio (B1 e B2), nivel avanzado (C1 e C2). Estas ensinanzas impártense en centros de titularidade pública e están dirixidas con carácter xeral ó alumnado maior de 16 anos (ou maior de 14 para un idioma distinto ao cursado como primeira lingua na ESO).
Os prezos destas ensinanzas varían dependo das circunstancias de cada estudante dende 0 aos 127 euros. É gratis para o alumnado bolseiro/a das axudas do Ministerio de Educación ou alumnado con dereito a exención por motivos de discapacidade, vítimas de actos terroristas, vítimas de violencia de xénero e familias numerosas de categoría especial. Ademais existen descontos do 50% para familias numerosas de categoría xeral e outros descontos para os funcionarios dos corpos docentes.
Vantaxes para a vila da Guarda e localidades próximas
O logro dunha extensión de idiomas nesta zona que basea o seu sustento na pesca, comercio, agricultura e turismo sería moi positivo.
En primeiro lugar, promovería que as persoas adultas poidan continuar a súa formación permanente no ámbito lingüístico sen necesidade desprazarse a outras vilas ou cidades.
En segundo lugar, mellora a competencia lingüística a nivel persoal, académico e laboral.
En terceiro lugar, potencia o sentido de comunidade permitindo interactuar persoas mozas, adultas e sénior.
En cuarto lugar, permite entender e comunicarse coas persoas peregrinas que percorren o Camiño Portugués pola costa ou que visitan as nosas vilas polas súas paisaxes, historias e tradicións.
En quinto lugar, favorece que as pequenas empresas locais abrir o seu mercado a clientes internacionais de mercancías de peixe, froita, hortalizas, viños…
En sexto lugar, e non menos importante que a xuventude destas localidades despois de formarse en FP ou na Universidade nas cidades, se queren regresar poidan facelo e sigan ampliando a súa formación no ámbito dos idiomas.
Novas e difusión da iniciativa
Se queres estar informado/a das novidades da plataforma, podes unirte o grupo público de Facebook chamado “PRO SECCIÓN EOI A GUARDA” na seguinte dirección web:
https://www.facebook.com/groups/1631284012058412/
Ou se o prefires segue a información xeral da plataforma e actualidade neste blog:
https://plataformaseccioneoiaguarda.blogspot.com
Información de contacto: plataformaidiomasaguarda@gmail.com
(R.)


Ningún comentario:
Publicar un comentario