Asemblea sobre o deterioro da asistencia sanitaria no Centro Cultural da Guarda
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda denuncia o empeoramento da atención sanitaria na localidade
Diante do empeoramento da atención sanitaria, A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, convoca á veciñanza a unha asemblea o próximo xoves, día 8 ás 20:00 horas no Centro Cultural.
Dende a Plataforma aseguran que o tempo medio de espera na localidade para ter atención médica, chega ás 3 semanas e máis de 2.400 persoas non teñen neste momento un médico de referencia.
Na asemblea valorarase a necesidade de iniciar mobilizacións se a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza non atende as necesidades do centro de saúde e cobre en breve dúas prazas médicas que están vacantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario