A Plataforma en Defensa da Sanidade pública da Guarda denuncia a falta de médicos na localidade
• O tempo de espera para ser atendidos por un facultativo ronda as 3 semanas
• 2.400 pacientes non teñen un médico de referencia
Infogauda/A Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer público o seguinte comunicado de prensa:
"A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda denuncia o empeoramento da atención sanitaria na localidade. Segundo a plataforma, as razóns desta diminución na calidade asistencial, débese a falta de cobertura de dúas prazas de medicina de familia, motivo polo que 2.400 persoas non teñen un médico de referencia.
A falta de médicos na Guarda hai que engadir a situación caótica que sofre o centro de saúde do Rosal con só unha médica en xornada completa e outra en xornada reducida, o que provoca a saturación das axendas dos profesionais guardeses, ao teren que atender ademais dos seus pacientes á aquelas persoas sen médico asignado da localidade e os que veñen do Rosal por motivo da carencia de persoal nese centro.
A situación é tan complexa que a día de hoxe o tempo medio de espera para ser atendidos ronda as 3 semanas na maioría dos casos. Un situación que dende a Plataforman califican de intolerábel.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, esixe a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza a cobertura das vacantes da Guarda e do Rosal e anuncian que de non solucionarse nos próximos días esta situación chamaran a sociedade guardesa a mobilizarse para defender unha atención sanitaria digna".
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario