A XUNTA DE GALICIA ACORDA A CESIÓN GRATUÍTA DO INMOBLE DA ANTIGA ESTACIÓN DE AUTOBUSES AO CONCELLO DE VIGO
• O Goberno galego inicia a tramitación do expediente de cesión nas condicións actuais, que inclúe a parcela e os seus accesos
• Os usos do inmoble están limitados polo PXOM a zona verde e usos viarios
Infogauda/Vigo
O Consello da Xunta acordou hoxe a cesión gratuíta ao Concello de Vigo do inmoble da antiga estación de autobuses, situado na avenida de Madrid da cidade olívica, nunha zona que, segundo o PXOM, ten como únicos usos posibles os de zona verde e viarios.
O Goberno galego inicia deste xeito a tramitación do expediente de cesión nas condicións actuais, incluíndo a parcela e os seus accesos. As cláusulas do documento recollen que o inmoble deberá destinarse aos usos previstos no PXOM e que o Concello deberá remitir cada tres anos á Xunta a documentación que acredite o destino do mesmo.
A cesión vaise formalizar nun documento administrativo que terá que ser aceptado sen condicionamentos de ningún tipo e que recolle que a Administración que recibe o ben patrimonial deberá inscribilo no Rexistro da Propiedade e no Catastro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario