1 de set. de 2026

BAIONA

Natalia Botana enxalza no Parlamento a colaboración institucional para revitalizar a Doca de Baiona e reforzar o valor patrimonial do porto


Natalia Botana, presidenta de Portos de Galicia, esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia
Foto: XG


Infogauda/Baiona

 A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, respondeu esta mañá a unha pregunta na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia sobre a remodelación executada no peirao da Doca de Baiona (Pontevedra). Botana enxalzou a colaboración institucional impulsada polo Concello de Baiona con Portos de Galicia e o Banco Sabadell que fixo posible a revitalización desta infraestrutura histórica e o reforzo do seu valor patrimonial a través da pintura dun mural de 1.400 metros de superficie da artista internacional Lula Goce.  

 Botana enmarcou esta actuación, que se completará nunha segunda fase co reforzo da estrutura e a retirada da plataforma adxacente, no eixo de traballo estrutural de Portos de Galicia para a integración entre os portos autonómicos e as vilas que os acollen. A este respecto subliñou o obxectivo de que os portos “ao tempo que dan servizo a actividade pesqueira e comercial, sexan ademais dun motor económico, un espazo amable para os que conviven con el”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario