A escritora tudense Almudena Solana presenta “Viaje a la ausencia”
• A cita será o xoves, 20 de agosto ás 20 horas, no Espazo Sociocultural
Infogauda/Tui
“Viaje a la ausencia” é o último libro da escritora tudense Almudena Solana que presentará a súa obra o próximo xoves, 20 de agosto, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
O libro xorde a raíz do falecemento do seu pai, que fora funcionario de Aduana en Tui nos inicios da década dos sesenta. Aquí naceu a escritora que percorre nesta obra lembranzas familiares e persoais nas que Tui posúe un relevante protagonismo: “una ciudad empredrada, un lugar de frontera a los pies del ancho y caudaloso río Miño (...) muy cerca de mi casa, en un lugar llamado La Corredera aprendí a andar, supongo que también a correr con esos pasitos cortos y esa cara de velocidad con la que aprenden a caminar deprisa los niños, sintiendo el vértigo en los mofletes (...) Solo me fui de Tui para nacer. En realidad, viví solo cuatro años de mi vida, pero nunca me he ido de ese lugar”.
“Viaje a la ausencia” é un texto a medio camiño entre a memoria privada e o ensaio poético, que aborda o duelo tras a morte do pai da autora. O libro propón un percorrido pola xeografía íntima da ausencia, un territorio aparentemente baleiro que se revela cheo de sinais, recordos e escenas cotiás: as casas da infancia, os patios familiares ou as paisaxes que devolven obxectos perdidos e emocións inesperadas. A obra mira de fronte á perda para descubrir, nos seus intersticios, unha celebración da vida, expondo o duelo non só como un tránsito doloroso, senón tamén como un proceso de recoñecemento e transformación.
Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, resulta de grande interese acoller a presentación desta obra dunha escritora que, aloxada fisicamente de Tui hai tantos anos, conserva unha íntima relación coa nosa cidade á que retorna regularmente e á que agora concédelle protagonismo nesta obra “Viaje a la ausencia”.
Almudena Solana Bajo
Almudena Solana Bajo (Tui, 1963) é doutora en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, alén de escritora, xornalista e artista visual. É tamén fundadora de Fabric Poetry (Poesía en Tea), un proxecto que combina literatura e arte téxtil a través de pezas únicas ou de edición limitada. Inicia o seu camiño como novelista en 2002 coa obra “El currículo de Aurora Ortiz”, traducida ao inglés en 2005 e adaptada ao teatro no Reino Unido. Seguiron “Las mujeres inglesas destrozan los tacones al andar” (2007), “La importancia de los peces fluorescentes” (2009) e “Efectos secundarios” (2013).
Almudena Solana foi preogeira das festas de San Telmo no ano 2004. Actualmente reside entre Madrid e Los Ángeles (EEUU).
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario