14 de ago. de 2026

O ROSAL

A VI Mostra de Cinema do Rosal pecha unha edición marcada pola participación e o talento audiovisual 

• O certame recibiu 1.147 curtametraxes procedentes de máis de trinta países e pechou a súa sexta edición cun palmarés encabezado por Cara de cona 

 Cara de cona faise cos premios á mellor curta do xurado e do público, nun palmarés que tamén recoñeceu o mellor guión, interpretación, fotografía e as mellores propostas social e rural


A VI Mostra de Cinema do Rosal pechou o pasado domingo unha nova edición consolidándose como un dos puntos de encontro arredor da curtametraxe no Baixo Miño
Fotos: Luis Dorado Senra
Cara de cona, de Guillermo de Oliveira, foi a gran triunfadora ao conseguir o Premio á Mellor Curta segundo o Xurado e o Premio do Público


Infogauda/O Rosal 

 A VI Mostra de Cinema do Rosal pechou o pasado domingo unha nova edición consolidándose como un dos puntos de encontro arredor da curtametraxe no Baixo Miño. O certame, impulsado pola asociación Ghorghalado coa colaboración do Concello do Rosal, recibiu 1.147 curtametraxes procedentes de máis de trinta países, das que 51 formaron parte da selección oficial e 32 chegaron á fase final, con 58 obras proxectadas ao longo da Mostra.  

 Cara de cona, de Guillermo de Oliveira, foi a gran triunfadora ao conseguir o Premio á Mellor Curta segundo o Xurado e o Premio do Público. O palmarés completouse con Te dejo el mar, premio ao Mellor Guión; Susana Rosado, Mellor Interpretación por Inés; Miguel Ezequiel “Miki”, Mellor Fotografía por Montecarlo 67; Ecos, Mellor Curta Social; e As maos da pulpeira, de Silvia Cachafeiro, Mellor Curta Rural.  

 A Mostra contou ademais coa presenza de Guillermo de Oliveira, Miguel Ezequiel “Miki”, Silvia Cachafeiro e Elena Gallego Abad, que achegaron ao público o seu traballo e experiencia no ámbito audiovisual.  

 Con esta sexta edición, a Mostra reafirma a súa aposta por achegar a curtametraxe á cidadanía, promover o talento emerxente e crear un espazo de encontro entre público e profesionais do audiovisual, consolidándose como unha proposta cultural de referencia no Baixo Miño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario