A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE FIGUEIRÓ AMPLÍA O SEU PATRIMONIO COA ADQUISICION DUNHA NOVA PARCELA
Redacción/Figueiró
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiró vén de facer público este xoves, 13 de agosto de 2026, que “o pasado 29 de xullo foi asinada a escritura notarial de compra venta dunha finca situada no centro do pobo conocida popularmente como “A Casa da Deolinda”, en situación de abandono dende hai anos e invadida de maleza e ruinas, ocasionando problemas de seguridade vial por desprendementos así como risco de incendios pola falta de limpeza ó estar ilocalizables os propietarios.
Ante esta situación, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiró activou un proceso de investigación baseado na búsqueda, localización e contacto cos tres propietarios ao tratarse de terceras partes en proindiviso”.
“Foi un traballo arduo e non resultou doado, no que investimos moito tempo mantendo reunións, chamadas, viaxes e xestións para procurar dar cos herdeiros e no que tivemos que petar en moitas portas para conseguilo.
Concello de Tomiño, xulgado de paz, veciñanza, a parroquia Santísima Trinidad de Ourense, o párroco D. José Luis Portela Trigo, verdadeiro fío conductor que nos levou ata O Carballiño, onde, coa axuda de varias persoas, demos por fín cos datos que precisábamos.
A todas e cada unha das persoas e institucións que nos axudaron e animaron a seguir adiante, quero darlle as gracias, porque sin o seu apoio este labor non sería posible”, declara o presidente das xunta reitora, Pablo Rodríguez Rodríguez.
“A partir de aquí, comenza toda a tramitación administrativa, un proceso tamén longo e complicado tanto para os vendedores como para os compradores, pois primeiro foi preciso a aprobación da Asemblea Xeral e posteriormente a autorización do Servizo de Montes, da Consellería de Medio Rural para poder clasificar o terreo como monte veciñal. Autorización concedida e vinculada expresamente á construcción da “Casa de Montes de Figueiró”, explica Pablo Rodríguez.
Pablo Rodríguez manifesta no seu nome e no de toda a xunta reitora “a satisfacción de ter finalizado este inxente traballo e poder incrementar notablemente o patrimonio dos e das comuneiras, así como o orgullo e a ilusión de ver próximamente o inicio da construcción da Casa de Montes que suporá, ademáis da tan necesaria accesibilidade para a participación de toda a veciñanza comuneira, un elemento de dinamización comunitaria, social e veciñal importantísimo na vida do noso pobo”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario