1 de xul. de 2026

VIGO

Mobilización das persoas traballadoras da empresa Iberconsa

  Este xoves, 2 de xullo de 2026, de 12:00 a 13:00 horas diante da empresa Frigalsa en Teis (baixada á Rotea s/nº - A Riouxa)

Infogauda/Vigo

 A FGAMT-CIG de Vigo convoca unha nova mobilización para reclamar un pacto de empresa en Iberconsa -compañía con sede en Vigo dedicada á elaboración e distribución de produtos conxelados do mar- que mellore as condicións laborais por riba do establecido no convenio estatal. 

 Tras a concentración celebrada o pasado 8 de xuño no peirao de Bouzas, nesta ocasión as protestas trasládanse ás instalacións da compañía Frigalsa, pertencente aos mesmo grupo empresarial. 

 Dende a central sindical denuncian que dende entón non houbo ningún achegamento por parte da dirección, que se nega a negociar as propostas achegadas pola parte social e se remite ao contido do marco estatal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario