7 de xul. de 2026

A GUARDA

O ALCALDE, ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, VISITOU SERFIS ASESORES, NA CAMPAÑA DE APOIO AOS NOVOS ESTABLECEMENTOS DA GUARDA 

• A asesoría fiscal, laboral e contable, dirixida por Miguel Domínguez, amplía a súa actividade coa apertura dunha oficina na Guarda tras máis de 26 anos de experiencia no sector 


O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero con Miguel Domínguez, director de Serfis Asesores, diante do inmoble onde está ubicada a asesoría fiscal, laboral e contable que posúe na vila guardesa

Foto: CAG

Infogauda/A Guarda

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, continúa coa campaña de promoción local visitando os novos proxectos empresariais e profesionais que escollen A Guarda para desenvolver a súa actividade, contribuíndo así ao dinamismo económico e á creación de novas oportunidades no municipio. 

 Nesta ocasión coñeceu a nova sucursal de Serfis Asesores, asesoría fiscal, laboral e contable dirixida por Miguel Domínguez, profesional con máis de 26 anos de experiencia no sector, que decidiu ampliar a súa actividade coa apertura dunha sucursal na Guarda. 

 “A Guarda reúne todos os ingredientes para seguir crecendo: un importante tecido empresarial, unha localización estratéxica e un gran potencial económico. A evolución que está a experimentar o municipio e as oportunidades que ofrece foron determinantes para que Serfis Asesores aposte por este novo proxecto e continúe a súa expansión”, destaca Miguel Domínguez. 

  Dende o Concello agradecemos a confianza de empresas como Serfis Asesores, que deciden investir e crecer na Guarda, contribuíndo a fortalecer o tecido económico local e a consolidar o municipio como un lugar atractivo para emprender, investir e xerar oportunidades, afirmou o alcalde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario