22 de maio de 2026

VIGO

Allegue pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que acadou en 20 anos 140 vivendas e 36 locais rehabilitados, cun investimento autonómico de máis de 30 M€ 

A conselleira subliñou a revitalización da contorna e as oportunidades para a mocidade, citando a vivenda entregada hai dúas semanas a unha menor de 36 anosegue pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que acadou en 20 anos 140 vivendas e 36 locais rehabilitados, cun investimento autonómico de máis de 30 M€ 

 A conselleira subliñou a revitalización da contorna e as oportunidades para a mocidade, citando a vivenda entregada hai dúas semanas a unha menor de 36 anos


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe á presentación do libro XX anos reconstruíndo o corazón da cidade
Foto:XG

Infogauda/Vigo

 Allegue pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que acadou en 20 anos 140 vivendas e 36 locais rehabilitados, cun investimento autonómico de máis de 30M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe á presentación do libro XX anos reconstruíndo o corazón da cidade.  

 Salientou a importancia da colaboración entre administracións, como veñen facendo nos últimos 20 anos Xunta e Concello no caso do Consorcio, que “devolveu ao Casco Vello a identidade dun barrio que foi o motor económico da cidade, pola vinculación co mar”.  

 Fixo fincapé na identidade renovada desta zona e nas novas oportunidades para a mocidade, poñendo como exemplo a vivenda rehabilitada e entregada hai dúas semanas a unha moza menor de 36 anos.  

 Destacou que se trata de “rehabilitacións moi coidadas, con espazos luminosos e detalles que lle van proporcionar aos novos inquilinos unha vivenda moderna e enerxeticamente eficiente”.  

 Subliñou o compromiso do Executivo galego, que renovou a cooperación co Concello en novembro, cun novo Plan de Actuación do Consorcio ata o 2030, cun investimento da Xunta de máis de 7M€, multiplicando por 4 a achega do plan anterior.  

 Ademais aproveitou a presentación de hoxe para trasladar os “parabéns aos proxectistas,  máis de 60 arquitectos, xunto cos seus equipos técnicos, pois foron quen de transformar durante estes 20 anos a imaxe o barrio”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario