8 de maio de 2026

OIA

O Cross Escolar de Pedornes aprázase ao 13 de xuño pola previsión de chuvia  

 


Infogauda / Oia

 Debido as previsións de chuvia para este sábado 9 de maio, día no que estaba programada a celebración o XIV Cross Escolar de Pedornes, o evento deportivo queda aprazado ao 13 de xuño. Co cambio de data, a inscrición tamén se amplía ata o 3 de xuño, ofrecendo una nova oportunidade para que máis nenos e nenas poidan participar nesta cita deportiva dirixida á rapazada do Baixo Miño e Val Miñor.  

 As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse a través desta ligazón ou consultando a páxina de facebook “Cross escolar de Pedornes”, sendo imprescindible incluír a autorización asinada polo pai/nai/ persoa titora do menor. Para máis información pódese chamar ao Concello ao teléfono 986 362 125. 

 O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Oia, o club Cornelios e a Comisión de Festas de Pedornes, e coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, ten carácter gratuíto e conta con varias categorías de participación, adaptadas ás idades das e dos participantes: 

Infantil (nados/as en 2013-14): 1.750 metros 

Alevín (2015-16): 1.000 metros 

Benxamín (2017-18): 500 metros 

Pulgas (2019-20): 350 metros 

Minipulgas (2021-22): 200 metros 

Pulguiñas ((2023-24-25):100 metros 

Ningún comentario:

Publicar un comentario