O colectivo de pensionistas da CIG mobilizarase este mércores nas sete cidades en defensa da sanidade pública
Infogauda/Compostela
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG desenvolverá este mércores 20 de maio mobilizacións en centros sanitarios das sete ciudades galegas en defensa da sanidade pública e para reclamar unha atención sanitaria digna e de calidade. As protestas enmárcase na campaña que o colectivo leva meses impulsando para denunciar o desmantelamento e a privatización do sistema sanitario público galego.
Mobilizacións
- A Coruña: 11h, Hospital Abente y Lago.
- Ferrol: 11.30h, CHUF- Hospital Marcide.
- Compostela: 12h, Hospital Clínico.
- Lugo: 11.30h, Entrada Principal HULA.
- Ourense: 11.30h, Hospital Sta. Mª Nai.
- Pontevedra: 11.30h, Hospital Provincial.
- Vigo: 11.30h, Hospital Álvaro Cunqueiro (entrada Consultas Externas).

Ningún comentario:
Publicar un comentario