10 de maio de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OS TEIXUGOS GAÑADORES DA II COPA GALEGA DE NOVAS PROMESAS DE SLÁLOM  


O Club Deportivo Miño acudiu cunha representación de once deportistas que cos seus resultados fixeron dos Teixugos o mellor club da Copa

Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera  

 O Club Deportivo Miño gañou este sábado a II Copa Galega de Novas Promesas celebrada en Dumbría, nas augas do río Xallas. 

 En Novas promesas entran as dúas categorías previas a categoría oficial, deportistas cadete e infantil. O club acudiu cunha representación de once deportistas que cos seus resultados fixeron dos Teixugos o mellor club da Copa.  


Podio total das teixugas en Cadete femino e en caiac

 

 En Cadete feminino poderío total das teixugas: en canoa, ouro para Nerea Álvarez; prata para Catalina Sánchez; bronce para Leila Álvarez; e cuarto lugar para Beatriz Sánchez. Na mesma categoría pero en caiac repetiuse o mesmo resultado, Nerea primeira, catalina segunda, Leila terceira e Beatriz cuarta.  

 En Infantil feminino Rita Olveira gañou a medalla de ouro tanto en canoa como en caiac.  


 Izan Vicente - a der.-, bronce en K1

 En cadete masculino, solo participaron en K1, Izan Vicente gañou o bronce, Alejandro Barreiro rematou quinto, Iván Cruz sétimo e Leo Álvarez décimo.  


Lois Montenegro - no centro - gañou en K1

 En cadete infantil masculino, Lois Montenegro gañou en K1, acadando o ouro e en C1 conseguiu a medalla de bronce.  

 Ademais deste deportistas que participaron na categoría oficial, varios membros máis do club acudiron ao evento para axudar ou participar como abridores, porque slálom non é só competición senón unha forma de vida e relacionarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario