18 de maio de 2026

DEPORTES

O picklepall aterra en Tomiño  

 O pavillón de Goián será a sede da Liga Galega de Equipos o vindeiro domingo, 24 de maio a partir das 09.30 h  


Integrantes do Club Pickleball Baixo Miño
Foto: Cedida 

Infogauda/Tomiño  

 Tomiño converterase no epicentro do deporte de raqueta de moda o vindeiro domingo 24 de maio a partir das 09.30 horas. O Club Pickleball Baixo Miño organiza coa colaboración do Concello no Pavillón de Goián a Primeira Fase da terceira xornada da I Liga Federada de Equipos, evento oficial baixo o selo da Federación Galega de Tenis. 

 Tras o adiamento da fase inicial en Gondomar debido ás inclemencias meteorolóxicas, e despois de disputar a segunda fase no C.C. Mercantil de Vigo, a competición chega a Goián coa máxima emoción. Os equipos que se verán as caras na pista son: 

Club Pickleball Baixo Miño (Anfitrión) 

CC Mercantil de Vigo (Grupo C) 

Club Tenis Gondomar (Grupo B) 

C.D. Dereito Empresarial (Grupo A) 

Formato de competición e regras  

 Os asistentes poderán desfrutar dun despregamento total da disciplina, con enfrontamentos nas categorías de Dobres Masculinos, Dobres Femininos, Individual Masculino, Individual Feminino e Dobres Mixtos. 

 Os partidos disputaranse ao mellor de tres sets de 11 puntos, utilizando o dinámico sistema de marcador Rally Scoring. Para garantir a máxima tensión competitiva, aplicarase a "conxelación" no punto 10 (onde só se pode sumar co servizo) e, en caso de empate extremo a 13-13, o set decidirase mediante a emocionante "bóla de ouro". 

Contexto da clasificación 

 A competición chega a Tomiño tras unha vibrante segunda xornada celebrada o pasado 10 de maio no C.C. Mercantil de Vigo. A clasificación actual sitúa ao equipo local nunha posición de privilexio: 

1º Posto: CC Mercantil de Vigo (Grupo C) con 13 puntos 

2º Posto: Club Pickleball Baixo Miño con 12 puntos 

3º Posto: Club Tenis Gondomar (Grupo B) con 0 puntos 

4º Posto: C.D. Dereito Empresarial (Grupo A) con 0 puntos (inc.) 

Unha invitación ao deporte  

 Dende o Club Pickleball Baixo Miño e do Concello convídase a toda a veciñanza da comarca e persoas afeccionadas ao deporte a achegarse ao Pavillón de Goián nesta oportunidade única para descubrir en vivo a axilidade e diversión do pickleball nunha mañá de convivencia deportiva e alta competición

Ningún comentario:

Publicar un comentario