22 de maio de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA PECHARÁ EN CAMPOSANCOS O CICLO “CONCERTOS NAS PARROQUIAS!”   

O concerto celebrarase este sábado, 23 de maio ás 20:00 horas na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos




Infogauda/Camposancos 

 A presente edición do ciclo “Concertos nas parroquias!” chegará  ao seu fin co último concerto programado da banda de música da Agrupación Musical da Guarda, que nesta ocasión será este sábado, 23 de maio, ás ás 20:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.  

 Esta proposta cultural impulsada pola Agrupación Musical de A Guarda, en colaboración co Concello da Guarda, busca achegar a música ás distintas parroquias do municipio e fomentar actividades culturais de proximidade. Ao longo das últimas semanas xa se levaron a cabo concertos na praza da Guía e na praza de Salcidos, contando cunha boa acollida por parte da veciñanza.   

 O concerto está aberto e dirixido a todos os públicos, con entrada de balde ata completar á cabida do local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario