Infogauda/A Guarda
No día de hoxe, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda vén de facer público que "o pasado día 21 de abril elixiuse o cartel que representará ó Corpus Christi 2026 co lema "A miña alfombra imaxinaria", entre os escolares de 4º, 5º e 6º de primaria de A Guarda".
Os centros participantes foron: PP. Somascos, Carmelitas, Solanas e Sinde.
"Agradecemos ós coles participantes a súa implicación para con esta tradición da nosa vila".
Tamén agradecen ó xurado que seleccionou os traballos dos mais cativos: Mili Baz Vicente, ex presidenta da Asociación Cultural Alfombras da Guarda; Emilio Baz Pacheco, fotógrafo guardés; e Patricia Cuña Delgado, técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Guarda.
Comenza xa unha tradición que une a cidadanía da vila nunha das actividades mais bonitas e apreciadas de A Guarda.


Ningún comentario:
Publicar un comentario