A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un contacontos para celebrar o Día das Letras Galegas
• A actividade, que terá lugar o sábado, 16 de maio ás 12:00h está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conmemorá o Día das Letras Galegas co contacontos "Contos de sapos e bruxas" a cargo de Donde viven los Cuentos.
Esa actividade celebrarase o sábado 16 de maio ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal, e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.
Trátase dun contacontos familiar con humor e maxia, protagonizado por bruxas moi pouco convencionais. A través de historias da literatura infantil, xogaremos coa palabra, a voz e a participación do público para falar de amizade, diversidade e ser un mesmo. Para rematar, cada neno ou nena creará a súa propia vara máxica para levar a casa.
O obxectivo é inculcar desde os primeiros anos a importancia e o hábito da lectura, dos contos e das historias en galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario