O CONSERVATORIO DE MÚSICA DA GUARDA CELEBRA AS SÚAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
• Do 25 ao 29 de maio, en horario de 16:00 a 20:00 horas
Infogauda/A Guarda
O Conservatorio Elemental de Música da Guarda organizará do 25 ao 29 de maio unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de cerca a oferta educativa e as instalacións do centro.
Durante estas xornadas, que se desenvolverán en horario de 16:00 a 20:00 horas, as familias, futuro alumnado e público en xeral poderán visitar as aulas, asistir a actividades e recibir información sobre as distintas especialidades musicais impartidas no conservatorio.
O obxectivo desta iniciativa é achegar o ensino musical á cidadanía e dar a coñecer o traballo formativo e artístico que se desenvolve diariamente no centro. Ademais, as persoas asistentes terán a oportunidade de resolver dúbidas sobre o proceso de matriculación, programas educativos e instrumentos dispoñibles.
Dende o conservatorio animan a todas as persoas interesadas na música e a formación artística a participar nestas xornadas e descubrir o ambiente educativo e creativo que caracteriza ao centro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario