CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS DA CIG CON MOTIVO DO 1º DE MAIO
Infogauda / Galiza
A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste Primeiro de Maio, Día internacional da clase traballadora, baixo o lema “Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos”. A central nacionalista fai un chamado a converter esta día nunha xornada de loita e mobilización para avanzar en dereitos, exixir dos gobernos políticas alternativas e da patronal xustiza social, mais tamén polo respecto a poder exercer a plena soberanía, o dereito de autodeterminación e a capacidade de decidir libremente.
Este ano, ademais, a CIG acordou trasladar o seu acto central do Primeiro de Maio á cidade de Lugo en resposta á deriva “autoritaria e golpista” do Partido Popular, “que vén de dar un paso máis nas súas actitudes antidemocráticas asaltando o Goberno municipal cunha moción de censura nuns termos inaceptábeis”.
A central sindical entende que no actual contexto do medre do fascismo non pode quedar impasíbel ante este novo intento do PP de seguir escalando no proceso autoritario e na imposición de políticas inxustas que o levou a institucionalizar o diálogo social, anular a representatividade da CIG con carácter xeral e nas mesas sectoriais, promover cambios no TSXG, exercer un férreo control sobre os medios de comunicación públicos, etc. Mobilizacións convocadas pola CIG:
• A Coruña: ás 12 horas, na praza de Vigo
• Ferrol: ás 12 horas, no Local Sindical (Avda. do Esteiro)
• Lugo: ás 12 horas, no Edificio Sindical (Rda. da Muralla). Esta manifestación ten carácter central e contará coa participación do secretario xeral da CIG, Paulo Carril.
• Ourense: ás 11:30 horas, na Praza Maior.
• Pontevedra: ás 12 horas, en Pasantería.
• Santiago de Compostela: ás 12:30 horas, na Praza Roxa.
• Vigo: ás 12 horas, no Cruce da Dobrada.
• A Estrada: ás 12 horas, na praza do Mercado.
• A Guarda: ás 12 horas, na praza Avelino Vicente.
• As Pontes: ás 12 horas, na praza de América.
• Cangas: ás 18 horas, desde o Concello.
• Carballo: ás 12 horas, na praza do Concello.
• Cee: ás 12 horas, na praza de Otero Lastres.
• Foz: ás 12 horas, na praza de Galiza.
• Monforte: ás 12 horas, na praza de España.
• O Porriño: ás 12 horas, na praza do Concello.
• Ribeira: ás 12 horas, no Mercado Municipal.
• Verín: ás 12 horas, na praza do Concello.
• Vilagarcía: ás 11:30 horas, na Avda. da Mariña.
• Vilamartín de Valdeorras: ás 12 horas, na praza José Luís Núñez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario