O contacontos “A arte de emocionarte” chegará o 18 de abril á Biblioteca Pública Municipal da Guarda
• As inscricións estarán abertas para nenos e nenas de 5 a 12 anos
Infogauda / A Guarda
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda vai celebrar o próximo Día do Libro, 23 de abril, coa actividade "A arte de emocionarte".
Que os nenos/as aprendan a poñer nome as súas emocións é unha das bases dunha boa intelixencia emocional. A través dos contos podemos identificalas, adestralas, converténdoos así en adultos máis felices e preparados para enfrontarse a moitas situacións na súa vida.
Este contacontos está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos, e será o sábado, 18 de abril ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal da Guarda.
A actividade precisa inscrición previa a través do teléfono 986 61 18 50, no correo aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou de xeito presencial en horario de biblioteca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario