9 de mar. de 2026

TUI

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran un ano máis o Día Mundial da Auga 

 Cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei


EDAR de Guillarei
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

   O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan, un ano máis, unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo domingo 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.  

 Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.  

 Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios:  

  • 10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos) 

  • 12:00h visita laboratorio e vídeo proceso depuración (menores 12 anos acompañados) 

  • 16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos). 

 Os horarios estarán suxeitos a posibles modificacións en función do número de participantes en cada quenda.  

 As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario