Medio Rural avanza liñas de traballo conxuntas para afondar na prevención de incendios forestais coa Mancomunidade de Montes do Baixo Miño
Infogauda / O Baixo Miño
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño, José Antonio Rodríguez. Nesta reunión avaliáronse posibles liñas de traballo conxuntas para afondar na prevención de incendios forestais na contorna.
Neste sentido, Manuel Francisco destacou a importancia do labor desenvolvido por esta mancomunidade, que integra os municipios da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui, no que respecta á prevención, e amosou a súa vontade de colaborar neste eido.

Ningún comentario:
Publicar un comentario