9 de mar. de 2026

GALIZA

A CIG reivindicará este 10 de Marzo políticas urxentes contra a precariedade e a desigualdade 

 A central ten convocadas 14 mobilizacións e os actos centrais serán a ofrenda floral e a manifestación en Ferrol 




Infogauda / Ferrol

 A CIG fai un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos. O sindicato nacionalista ten convocadas un total de 14 mobilizacións por todo o país, aínda que os actos centrais do día terán lugar en Ferrol.  

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS DA CIG NESTE 10 DE MARZO 

Ferrol (actos centrais): ás 11:30h, ofrenda floral no monumento ao 10 de Marzo coa intervención do secretario xeral, Paulo Carril. Ás 20h, manifestación con saída do local da CIG en Esteiro e remate no Cantón. 

A Coruña: ás 20h, manifestación dende Praza de Vigo. 

As Pontes: ás 20h, concentración, na  Praza de América. 

Carballo: ás 19h, concentración na Praza do Concello. 

Cee: ás 20h, concentración na Praza 8 de Marzo.  

Compostela: ás 19:30h, manifestación dende a Praza Roxa. 

Lugo:  ás 20h, manifestación con saída do local sindical (Ronda da Muralla, 58). 

Monforte: ás 20h, concentración na Praza de España. 

Ourense: ás 19h, manifestación dende a Casa Sindical (Parque de San Lázaro). 

O Barco: ás 19:30h, concentración na Praza do Concello. 

Pontevedra: ás 19:30h, manifestación, con saída da Praza da Peregrina. 

Vigo: ás 19h, manifestación desde A Doblada. 

Vilagarcía: ás 19:30h, concentración na Praza de Galiza. 

Viveiro: ás 19h, concentración na Praza Fonte Nova.

Ningún comentario:

Publicar un comentario