A Casa de Galicia en Madrid reafirma o apoio á literatura galega coa presentación da obra “Non creo en máis vida ca esta”
Foto: X.G.
Infogauda / Madrid
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da obra Non creo en máis vida ca esta, do escritor J. Benito Fernández, publicada por Editorial Galaxia e traducida ao galego por Perfecto Conde.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou que esta presentación forma parte da programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia, que ten entre as súas prioridades a promoción da lingua e da cultura galegas fóra da Comunidade. Neste sentido sinalou que “este libro é case coma nós, está entre Galicia e Madrid”. Así mesmo, incidiu na importancia de manter vivos os vínculos coa colectividade galega na capital e coas asociacións que contribúen a preservar a cultura e as tradicións galegas.
O director agradeceu a asistencia do público e convidou aos presentes a seguir participando na programación da Casa de Galicia, reiterando o carácter aberto e acolledor da institución.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario