20 de mar. de 2026

A GUARDA

O Concello da Guarda lembra a obrigatoriedade de manter as limpeza dos solares e parcelas   

O obxectivo é garantir a seguridade, manter o ornato público e reducir o risco de incendio 

 



Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda vén de facer público un bando da alcaldía indicando que "co fin de garantir a seguridade, manter o ornato público e reducir o risco de incendios, tódalas persoas propietarias de solares e parcelas situadas en solo urbano, urbanizable ou núcleo rural deberán mantelos limpos e coa vexetación debidamente desbrozada.  

 As parcelas situadas nunha franxa de 50 metros arredor de solo urbano, núcleos de poboación, vivendas e instalacións próximas ao monte deberán permanecer libres da biomasa vexetal especificada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, como son: piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixas e silvas.  

 O incumprimento desta obriga poderá dar lugar a requirimento municipal, concedéndose un prazo de conformidade co que establece a normativa. Infórmase da obriga de manter as parcelas nas condicións indicadas antes do 31 de maio.  

 Este recordatorio realízase en beneficio da seguridade colectiva e da prevención de incendios forestais." 

Ningún comentario:

Publicar un comentario