26 de mar. de 2026

A GUARDA

Comezan as celebracions da Semana Santa

•   Este 27 de marzo, ás 20:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda cunha solemne eucaristía e posteriormente a procesión do Venres de Dor




Infogauda / A Guarda  

 A Guarda convértese na Semana Santa na referencia do Baixo Miño cunha gran tradición das súas celebracións relixiosas.  

 Este venres, 27 de marzo, ás 20:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María darán comezo os actos relixiosos coa misa solemne cantada polo Coro Contábile, e a continuación, procesión do Venres de Dor, acompañada pola banda de música Agrupación Musical de A Guarda.




 O domingo ás 11:30h celebrarase a tradicional bendición de ramos no auditorio de san Bieito, seguido da procesión cara a igrexa parroquial para a Misa de Ramos.  

 O Xoves Santo, ás 21:00h sairá a procesión dos Pasos. 

 O Venres Santo, ás 11:00h celébrase a procesión do Encontro coa súa recreación na praza do Reló. E ás 21:00h sairá a procesión do Santo Enterro.  

 Co fin de semana, o sábado ás 8:00h celebrarase a Procesión da Soidade, e ás 22:00h, será a solemne Vixilia Pascual. 

 Para rematar as celebracións relixiosas, o Domingo de Pascua celebrarase a misa solemne e a bendición ás 11:30h.  

 Con motivo das procesións realizaranse cortes de tráfico puntuais, sinalados polos axentes da Policía Local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario