6 de mar. de 2026

A GUARDA

Denis Maza presentará o seu novo libro “Al girar la rueda”   

• O próximo venres, 13 de marzo ás 20:00h, no Centro Cultural da Guarda



Infogauda / A Guarda

 O próximo venres, 13 de marzo ás 20:00h, no Centro Cultural da Guarda, o autor guardés Denis Maza presentará a súa nova novela “Al girar la rueda”, publicada pola editorial Distrito 93, na colección Línea. 

 Esta obra adéntrase no enorme peso do fortuíto na vida do individuo. Parte de tres vidas diferentes: Marta, Jorge e Carlos, sen ningunha conexión, que tratan, cada un á súa maneira, abrirse paso na vida desde a súa realidade. Pero, de súpeto, os diferentes fíos se mesturan e condúceos cara un destino común, tan aleatorio como implacable.  

 Denis Maza publicou no 2020, o seu primeiro libro “La mística de un grano de arena”, editado por Letrame Grupo Editorial. 

 Graduado en Enxeñería de Electrónica Industrial e Automática pola Universidade de León, reside en Vigo dende fai mais de dúas décadas, exercendo como profesor de Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, no CIFP Valentín Paz Andrade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario