Minuto de silencio en repulsa polo asasinato de María Belén
Infogauda / Pontevedra
Na mañá deste luns, día 2 de febreiro, tivo lugar o acto do minuto de silencio que hoxe gardouse na Subdelegación de Pontevedra en repulsa polo asasinato de María Belén, a muller de 52 anos asasinada o domingo en Mos.
Xunto co subdelegado, Abel Losada, asistiu o delegado do Goberno, Pedro Blanco; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; representantes do Concello de Pontevedra, a Deputación, a Xunta; traballadores/as de distintas Administracións e cidadáns e cidadás que quixeron sumarse.
"Hoxe estamos absolutamente consternados polo asasinato machista - que acaba de ser recoñecido como tal - desta veciña, que ocorreu no día de onte no concello de Mos. Este é o sexto asasinato machista nos apenas 33 días que levamos deste ano 2026 e polo tanto é absolutamente insoportable", dixo o delegado do Goberno, Pedro Blanco.
"Desde o ano 2003 que existen rexistros - engadiu Pedro Blanco - temos cumputado un total de 1.349 asasinatos machistas. Polo tanto creo que é un momento no que debemos todos aquí. Primeiro, para trasladar todo o noso agarimo e todas as nosas condolencias os familiares e achegados, nests caso da asasinada. En segundo lugar, para declarar a firme convicción do Goberno de España e a firme convicción de toda á sociedade, da loita contra esta violencia, que non ten outro nome que é unha violencia machista, onde se matan ás mulleres polo mero feito de selo. Esa violencia estrutural que temos que loitar dende todos os ámbitos. E dende logo, novamente, mandar unha mensaxe ás mulleres que se sintan violentadas, que se sintan ameazadas,... Quen sinta á ameaza teñen a súa disposición aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Polo tanto, que chamen ao 016. Que se poñan en contacto con eles, porque dende logo temos que paralo entre todos.
E por último, a mensaxe de que non vamos a parar ata erradircar este tipo de violencia. Polo tanto vamos a seguir loitando, en todos os ámbitos, tanto nos sociais como no político, para estar todos na idea de loitar contra esta lacra".
Finalmente fixo uso da palabra Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, que dixo: "Eu me atopo eiquí, representando ao meu concello dando as grazas a todas as condolencias e xestos de solidariedade cos veciños. Neste caso coa familia de Belén.
Estamos rotos. Non contabamos con este acontecemento da tarde de onte. E eu, desde aquí quero manifestar a miña máis forte repulsa e condena contra os asasinos. Contra os que violentan ás mulleres. Contra esta lacra que nos recorre todo o país e que hoxe nos afectou forte en Mos. Levamos un mes de ano, e xa son 6 mulleres asasinadas.
Basta xa con esta dureza!
E dende aquí unha forte aperta á familia de Belén que o está a pasar moi mal (...)".

Ningún comentario:
Publicar un comentario