19 de feb. de 2026

A GUARDA

O guardés Juan Collazo Abuín participará no concurso “El sándwich más bueno del mundo”  

 O próximo día 5 de marzo, en Madrid 


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero con Juan Collazo Abuín e dous sándwiches "Galicia en pan"
Foto: C.A.G. 


Infogauda / A Guarda 

 O guardés Juan Collazo Abuín participará o próximo día 5 de marzo no concurso "El sándwich más bueno del mundo" impulsado por Delikia.  

 Juan é alumno do último ano de Gastronomía no Centro Superior de Hostelería de Santiago e viaxará a Madrid para presentar o seu sándwich "Galicia en pan".   

 Oito estudantes competirán para que o seu sándwich sexa elixido para as máquinas de venda de Delikia. Como Juan lle explicou ao alcalde, tentou "usar produtos galegos e mostrar que se poden usar en todos os ámbitos, tamén nun sándwich de calidade".  

 A súa idea parte de meter un lacón con grelos nun sándwich, realizando un pesto no que substiuíu a alfábega polos grelos. Ademais usou produtos galegos como o lacón, pemento ou o queixo de tetilla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario