MANIFESTACIÓN PARA DEFENDER O DEREITO Á SAÚDE
• O día 1 de febreiro en Santiago de Compostela
Daniel Alonso / A Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda fai un chamamento para participar na manifestación convocada por SOS-Sanidade Pública o próximo 1 de febreiro, en Santiago de Compostela para defender o dereito a saúde e frear a destrución e privatización da sanidade pública galega.
Desde a plataforma informan que sairán autobuses desde A Guarda e pódese reservar praza no teléfono 986 61 04 65.
A marcha partirá da Alameda de Santiago ás 12 horas e rematará na Praza do Obradoiro e ten como finalidade esixir o cambio de rumbo das políticas sanitarias e parar a destrución e a privatización do sistema sanitario público.
"As listas de espera interminábeis, o colapso das urxencias hospitalarias, o desvío de miles de pacientes e cartos a centros sanitarios privados ou o crecemento exponencial dos seguros privados que non cobren a maior parte das doenzas, son síntomas claros dun sistema que vai minguando a súa calidade asistencial", indican desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda.
Mobilizarse para defender o dereito a saúde é o chamamento que lanzan desde as plataformas sanitarias para reclamar máis sanidade pública e dotala de persoal suficiente tanto na xestión da enfermidade como na prevención da saúde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario