Manifestación da CIG para reclamar un convenio colectivo no sector da seguridade privada
• Este venres, 19 de decembro, ás 18:00 horas, no centro comercial Vialia, de Vigo
Infogauda / Vigo
A CIG desenvolverá este venres, 19 de decembro, ás 18:00 horas, unha manifestación polas inmediacións do centro comercial Vialia para reclamar un convenio colectivo no sector da seguridade privada que dignifique as condicións laborais.
A central continuará deste xeito co calendario de mobilizacións iniciado este luns en Santiago, onde organizou unha caravana de vehículos que percorreu os arredores do aeroporto Rosalía de Castro, para rexeitar a última proposta achegada pola patronal estatal na reunión do pasado 3 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario